ALCALDÍA
O alcalde aposta pola procura de consensos políticos, institucionais e cidadáns para os grandes retos da cidade
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que o Goberno municipal xa comezou a traballar nas ordenanzas fiscais e nos orzamentos para 2020, coa previsión de "telos pechados en outubro". Agora, dixo, comeza unha etapa de "tramitación e negociación". Neste sentido, ten a intención de manter xuntanzas cos voceiros dos grupos municipais para "pulsar a marxe de colaboración".
ALCALDÍA
Encontro coa asociación Amigos da Cociña Galega
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres con integrantes da asociación Amigos da Cociña Galega (Amicogal), que lle presentaron o evento Gastronosa, unha feira gastronómica que se celebrará na cidade o 28 de outubro e que servirá para celebrar o 43 aniversario da entidade.
EDUCACIÓN
Publicada a relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música
Finalizado o período de matrícula dos admitidos e admitidas na 1ª convocatoria, e unha vez agotada a listaxe de agarda, a Concellaría de Educación vén de publicar as prazas que continúan vacantes nas diferentes especialidades da Escola Municipal de Música para o curso 2019-2020.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais realizará novas probas este mes para cubrir varias prazas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral
O Curso Avanzado de Especialización Orquestral impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago de Compostela. Diríxese a músicos/as instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.
TURISMO
A AMCS presentará no último trimestre do ano un diagnóstico do trazado do Camiño para coñecer a súas deficiencias e emendalas con vistas ao ano 2021
O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, participou este venres na reunión da Xunta Directiva da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS), que aglutina a 99 localidades xacobeas. O presidente e alcalde de León, José Antonio Díez Díaz, presidiu a cita dos trece municipios que a compoñen na monumental Estación Internacional de Canfranc (Huesca).