ALCALDÍA
Concello e Xunta colaborarán para impulsar a política de vivenda en Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este luns coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (San Lázaro), Ángeles Vázquez.
ALCALDÍA
O alcalde agarda que en setembro de 2020 estean operativas a estación de buses, a pasarela e os accesos á intermodal
O alcalde de Santiago expresou a súa "satisfacción" pola marcha das obras da estación de autobuses, durante a visita que realizou aos traballos neste equipamento coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez. Xosé Sánchez Bugallo fixou como obxectivo que tanto as obras da estación de autobuses, como as da pasarela de conexión coa estación ferroviaria e os accesos dende a avenida de Clara Campoamor estean rematadas o 1 de agosto de 2020 e operativas en setembro dese ano.
XUNTA DE GOBERNO
Aberto o procedemento de licitación da rehabilitación do palacete da Finca do Espiño
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns aprobou a apertura do procedemento de adxudicación das obras de rehabilitación da Finca do Espiño para equipamento municipal, cultural e administrativo, cun tipo de licitación de 1.283.799,99 euros (IVE incluído).
DEPORTES
Arrinca a VIII edición do Circuíto de Carreiras Saudables "CorreSan" coa proba nocturna polas rúas do casco histórico
A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, presentou a oitava edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. O programa consta novamente de catro probas, comezando pola nocturna que se celebrará o sábado 21 de setembro polas rúas do casco histórico. A inscrición para o circuíto e para esta primeira proba xa está aberta.
ALCALDÍA
O alcalde recibe o ecónomo diocesano e o reitor do Seminario Menor
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá unha xuntanza con Fernando Barros, económo diocesano do Arcebispado de Santiago, e con Manuel Ferreiro, vicesecretario da Delegación Diocesana de Economía e reitor do Seminario Menor.
IGUALDADE
Os nenos e nenas do programa "Verán CampUSC" visitaron o Concello
A concelleira de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, recibiu os nenos e nenas que participan na última quenda da edición de 2019 do Verán CampUSC, xunto cos voceiros de Compostela Aberta, Martiño Noriega; do BNG, Goretti Sanmartín; e o concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete.