IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido o pasado 16 de agosto en Madrid.
EDUCACIÓN
Aberta a inscrición no Programa Municipal de Conciliación de Verán para os días 9 e 10 de setembro
Este luns, 19 de agosto, abriuse a inscrición para participar no Programa de Conciliación de Verán os días 9 e 10 de setembro, tras aprobarse a ampliación das actividades a estas dúas xornadas.
ALCALDÍA
Santiago, Teo e Arzúa homenaxearon a Ánxel Casal no 83 aniversario do seu asasinato
A alcaldesa en funcións, Mercedes Rosón, participou hoxe na homenaxe a Ánxel Casal realizada polos concellos de Santiago, Teo e Arzúa con motivo do 83 aniversario do seu asasinato. Rosón destacou a importancia do acto pola "importancia da súa figura na historia de Galicia e pola pegada que deixou na memoria colectiva do pobo galego". Ánxel Casal, engadiu, "é unha referencia histórica viva, como modelo de tolerancia, como modelo progresista, como modelo humano, e como modelo de galeguidade".