XUNTA DE GOBERNO
Abre o prazo para a solicitude de uso das novas hortas urbanas de Campo das Hortas
A Xunta de Goberno acordou hoxe abrir o prazo para solicitar a concesión de uso das hortas urbanas do Campo das Hortas. O trámite poderase realizar do 10 ao 21 de xuño.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Vinte proxectos impulsados por mulleres protagonizaron a I Feira de Emprendedoras de Compostela
O edificio CIEDUS (Finca Vista Alegre) acolleu hoxe a I Feira de Emprendedoras de Compostela, organizada conxuntamente pola Concellaría de Desenvolvemento Económico e o programa Woman Emprende da USC. A feira, que contou hoxe con 20 proxectos innovadores e centos de visitantes, naceu co obxectivo de achegar á cidadanía as diferentes iniciativas empresariais lideradas por mulleres e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na nosa contorna. Nesta primeira edición, a temática e o sector escollido é o...
CONSORCIO
Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece este luns un novo concerto no Paraninfo da USC
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa "A Escola na Cidade", un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos/as do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. Como colofón dos seus estudos, os/as músicos/as noveis protagonizan varias actuacións no Paraninfo da Universidade de Santiago, na Facultade de Xeografía e Historia. As entradas destes concertos son gratuítas ata completar aforo.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os prezos públicos do programa de conciliación de verán nos centros cívicos
A Xunta de Goberno aprobou hoxe os prezos públicos das actividades do programa Vive o verán, os campamentos organizados dende a Rede de Centros Cívicos para facilitar a conciliación no mes de xullo. A actividade terá un custo de 80 euros polo mes completo, e de 40 euros pola quincena.
CENTROS CÍVICOS
O Concello e os Muiñeiros do Sarela organizan a IX edición dos Cantos de Taberna
Mañá sábado celebrarase a IX edición dos Cantos de Taberna, que a asociación Muiñeiros de Sarela organiza en colaboración co Concello de Santiago. Un total de seis grupos participarán no evento, e percorrerán nove establecementos de hostalería na cidade vella.