ALCALDÍA
O alcalde participa na apertura do III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia, que se celebra en Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na apertura do III Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial de Galicia, CIAG, que se desenvolve durante toda a xornada na cidade da Cultura. O obxectivo do encontro é aportar coñecemento sobre o futuro do sector, as oportunidades que ofrece o soporte a aeronaves en servizo, e os proxectos que se están desenvolvendo no ámbito das naves non tripuladas.
POLÍTICAS SOCIAIS
A concelleira de Políticas Sociais recibe un grupo de persoas xordocegas que rematou hoxe o camiño de Santiago
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, recibiu hoxe na praza do Obradoior as persoas con xordocegueira e os seus mediadores tras finalizar un tramo do Camiño de Santiago. Trátase dunha inciativa organizada por FESOCE, a Federación Española de Sordo Ceguera, e Xoga, a Asociación de Discapacidade Sensorial de Galicia. Na recepción tamén estaban presentes os concelleiros Alejandro Sánchez-Brunete, do grupo popular; Martiño Noriega, de Compostela Aberta; e Navia Rivas, do BNG.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo preside a entrega dos premios "Coñece o teu Concello", organizado por La Voz de Galicia
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo presidiu esta tarde o acto de entrega dos premios de redacción e debuxo "Coñece o teu Concello", organizado por La Voz de Galicia. Ao concurso presentáronse máis de mil traballos procedentes dos 25 concellos da contorna de Compostela.