TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio entregará este venres a Paradores o seu Premio anual
O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participará este sábado 16 de novembro en Ibiza/Eivissa na Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Un día antes, celebrarase a Comisión Executiva e o acto de entrega do Premio Patrimonio 2019, que este ano recaeu en Paradores de Turismo.
ALCALDÍA
Reunión de Sánchez Bugallo cos presidentes da Federación Galega de Comercio e de Comercio Punto Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este martes co presidente da asociación Comercio Punto Compostela, José Antonio Seijas, e co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas.
TURISMO
Un total de 109 tapas competirán no XII Santiago(é)Tapas
Xa está todo listo para que este xoves, día 14, arranque a XII edición do Santiago(é)Tapas e a I edición do Santiago(é)Coctel. Un total de 77 locais – a cifra máis alta dende que comezou o concurso – competirán por facerse cos premios ás mellores tapas e cócteles da capital galega. Todos eles poden consultarse na páxina web santiagoetapas.gal, así como na app quedamosdetapas.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Sindo Guinarte, na apertura do Foro de Cooperación Municipalista da Lusofonía
O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, Sindo Guinarte, participou hoxe na mesa de apertura do Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía: os municipios, pezas clave do desenvolvemento, que se celebra ata mañá na EGAP, a Escola Galega de Administración Pública. Despois de darlle a benvida aos/ás participantes, Sindo Guinarte destacou os estreitos vínculos de Galicia con Portugal, e, por extensión, coa comunidade lusófona. Tamén...