XUNTA DE GOBERNO
Concello e Xunta convocan unha consulta aberta aos operadores económicos sobre a instalación de fibra óptica na zona vella
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta hoxe en rolda de prensa dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno local, entre os que destaca a toma de coñecemento da resolución conxunta do Concello e Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), pola que se aproba a convocatoria dunha consulta aberta para a despregadura de redes de telecomunicación baseadas en fibra óptica no conxunto histórico da cidade. Entre outros...
ALCALDÍA
O alcalde reúnese co xefe da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse hoxe co coronel Francisco Javier Jambrina, xefe da Garda Civil da Coruña. Entre os asuntos tratados no encontro figura a colaboración entre as dúas institucións.
EDUCACIÓN
As escolas infantís municipais súmanse á loita contra a leucemia
A Rede de Escolas Infantís do Concello de Santiago, formada polas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrio-Salqueiriños quixeron sumarse este ano á iniciativa "a volta ao cole contra a leucemia infantil", organizada pola fundación "unoentrecienmil".
ALCALDÍA
A Corporación municipal recibe as 59 entidades deportivas que participaron na Festa do Deporte
A Corporación Municipal recibiu hoxe, no Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a representantes das 59 entidades deportivas que participaron na Festa do Deporte, celebrada o pasado 30 de setembro no Parque de Galeras. Nesta terceira edición inscribíronse uns 1.500 escolares, que puideron desfrutar de 56 modalidades deportivas.