IGUALDADE E MEDIO RURAL
Os obradoiros da risa chegan neste outono a 11 parroquias do rural
Un novo ciclo de Obradoiros da risa dará comezo a vindeira semana nos centros socioculturais do rural. Desenvolveranse durante os meses de outubro e novembro en once parroquias de Compostela, creando un espazo de encontro e de diversión no que descubrir os beneficios da risa na saúde dende unha perspectiva de xénero. A participación é de balde.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal suma novas colaboracións e concertos especiais no seu Ciclo de Outono
A Banda Municipal de Música inicia o seu Ciclo de Outono este vindeiro domingo, 6 de outubro. Durante o último trimestre do ano, baixo o título "En tempo cos ventos", a formación ofrecerá ata 15 concertos, nos que sumará novas colaboracións, actuacións didácticas, galas líricas ou a habitual participación en Cineuropa.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este luns en Las Palmas de Gran Canaria.
XUNTA DE GOBERNO
Aberto o procedemento de adxudicación das obras da rúa de Clara Campoamor
A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria, aprobou este martes o inicio do procedemento de contratación das obras de reurbanización da rúa de Clara Campoamor. O importe de licitación é de 1.563.864,94 euros (IVE incluído) e o prazo de execución de cinco meses. Esta obra está incluída no programa Edusi, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2014-2020.
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago reuniuse co presidente da Cámara Municipal de Braga
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo este martes unha reunión co presidente da Cámara Municipal de Braga, Ricardo Río. Entre os asuntos tratados no encontro figurou á irmandade entre as dúas cidades, unha irmandade que, segundo sinalou o rexedor compostelán, xa se iniciara no mandato anterior, pero que quedou "inconclusa".