FESTAS
Festa de luz, son, pirotecnia e tradición xacobea na noite grande do Apóstolo
Proxeccións audiovisuais con efectos 3D, música, efectos lumínicos e fogos artificiais volveron protagonizar os Fogos do Apóstolo. O público que encheu a praza do Obradoiro puido repasar en proxeccións cun enfoque cinematográfico dalgúns episodios significativos da tradición xacobea. E tanto os presentes na praza como noutros puntos da cidade, gozaron dunha pirotecnia que este ano tivo máis relevancia.
FESTAS
A programación do Apóstolo acórdase do público infantil coa "Feira na eira" de Galeras
A programación do Apóstolo non se esquece un ano máis dos nenos e das nenas, ás que lles espera unha fin de semana chea de actividades na Feira na eira! que se vai celebrar en Galeras. Serán dúas xornadas de música, contacontos, obradoiros e xogos en familia, nas tardes dos próximos sábado e domingo.
FESTAS
O reggae francés de Dub Inc, protagonista dunha nova xornada das festas
As festas do Apóstolo chegan ao seu ecuador, nunha xornada con dúas citas musicais de relevancia: o concerto dos franceses Dub Inc, na Quintana, e a actuación de Oîma Trío, dentro do ciclo Compostela É! Música, no escenario do Toural.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publicada a listaxe definitiva de admitidos/as na Escola Municipal de Música e apertura da matrícula
Finalizado o período de reclamacións ás listas provisonais de admitidos/as, o Departamento de Educación publicou este martes a listaxe definitiva de admitidos/as na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2018/19. Deste xeito, ábrese o proceso de matrícula do 24 ao 31 de xullo.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago aproba a ampliación do Museo do Pobo Galego por un importe global de 2,9 millóns de euros
Como vén sendo tradición cada 24 de xullo, coincidindo coa noite dos fogos do Apóstolo, o Consorcio de Santiago vai celebrar esta tarde a súa Comisión Executiva e Consello de Administración. Ambas xuntanzas estarán presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega.