TURISMO
Turismo de Santiago estrea unha axenda on line cos congresos e eventos que se celebran na cidade
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron a nova axenda de congresos e eventos que se celebran na cidade, que se pode consultar na páxina www.santiagoturismo.com. A ferramenta responde así a unha demanda tradicional do sector, que reclamaba coñecer coa maior antelación posible as datas de celebración de eventos e congresos na cidade para así poder adaptar a súa oferta.
CONSORCIO
O Consorcio remata a obra de limpeza e restauración do balcón do claustro do convento do Carme
A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago acaba de rematar a obra de limpeza e restauración do balcón do claustro do Convento do Carme, situado na rúa de Santa Clara. A esta intervención destinouse un importe global de 44.019,88 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o inicio do procedemento de liquidación do contrato con Setex Aparqui
A Xunta de Goberno aprobou este venres o inicio do procedemento para a liquidación do contrato con Setex Aparqui para a xestión dos servizos de ORA e do guindastre, contrato declarado nulo por sentenza xudicial no ano 2015. O Executivo compostelán entende que a empresa ten que indemnizar ao Concello por danos e perdas, e tamén que os bens, equipos e servizos e instalacións adscritos á concesión reverten no Concello.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudícase o contrato de subministro da Administración Electrónica
O Concello de Santiago vai destinar máis de 1,5 millóns de euros ao subministro e mantemento da Administración Electrónica. A Xunta de Goberno adxudicou hoxe o contrato á empresa T-SYSTEMS. O concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro, explicou que este é "o proxecto de mellora e modernización da Administración municipal máis relevante da historia recente do Concello de Santiago".