TURISMO
Os establecementos hoteleiros de Santiago lograron no 2017 o seu récord de pernoctacións
A cidade logrou o ano pasado un novo máximo histórico, con 1.459.130, superando o anterior record que databa do Ano Santo 2010. O bo comportamento dos datos turísticos apoiouse no crecemento constante do turismo internacional, que xa representa a metade da demanda da cidade.
CONVIVENCIA
As actividades de educación viaria da Policía Local chegaron no curso pasado a máis de 3.000 rapaces e rapazas
Máis de 3.000 alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, Bacharelato e Educación Especial participaron nas actividades organizadas polo departamento de Educación Viaria da Policía Local ao longo do curso pasado. Os programas chegaron a máis de 30 de centros de ensino da cidade.
ALCALDÍA
Recepción ao alumnado do IES Rosalía premiado no Certame de Xóvenes Investigadores
O alcalde recibiu hoxe aos alumnos e alumnas do IES Rosalía de Castro que veñen de ser distinguidos no 30 Certame de Jóvenes Investigadores que organizan o Instituto de la Juventud, INJUVE, e o Ministerio de Educación. Na mesma convocatoria, o centro educativo compostelán recibiu unha mención de honra polo seu destacable labor no fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da mocidade.