IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron esta fin de semana tres vítimas mortais en Collado Villalba (Madrid), Molina de Segura (Murcia) e Madrid.
POLÍTICAS SOCIAIS
Segunda edición de "Compostela + Solidaria"
O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha a segunda edición de Compostela + Solidaria, un programa de sensibilización con máis de 30 actividades para todas as idades que se levará a cabo do 29 de maio ao 16 de xuño. Foi presentado esta mañá pola concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, e por Lorena Seijo, da Coordinadora.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Concello invita a veciñanza a descubrir a Compostela medieval
O Concello de Santiago volve poñer en marcha as visitas guiadas ao Castelo da Rocha Forte, pero desta vez ampliando os seus obxectivos, escenarios e discursos. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, presentou o programa, acompañado pola arqueóloga municipal, Lola Cerqueiro.
FESTAS
Preto de 60.000 persoas participaron nas actividades das festas da Ascensión
O alcalde fixo hoxe balance das Festas da Ascensión, nas que participaron case 60.000 persoas. Martiño Noriega salientou a boa acollida da programación que "unida ao bo tempo que tivemos durante a última semana, fixo que Santiago presentara unha imaxe case máis propia das festas do Apóstolo".
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publicadas as listaxes de admitidos e de agarda nas escolas infantís municipais e nos seus obradoiros de verán
Despois da súa aprobación pola Xunta de Goberno, a Concellaría de Educación e Cidadanía vén de publicar as listaxes definitivas de admitidos, excluídos e listas de agarda nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2017-2018.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Municipal de Música celebra o seu Festival de Música e Movemento
Os días 30 e 31 de maio, ás 18:30 horas, o Auditorio Abanca acollerá o Festival de Música e Movemento que tradicionalmente organiza o departamento desta área da Escola Municipal de Música. O evento servirá para dar a coñecer o traballo desenvolvido ao longo do curso por máis de 185 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos, acompañados do profesorado da EMM e das súas familias.
ACCIÓN CULTURAL
Inauguración de "Os mundos de Carlos Casares" na Zona "C"
Este martes, ás 19:00 horas, inaugúrase na Zona "C" a exposición Os mundos de Carlos Casares. No acto inaugural estarán presentes Håkan Casares Berg, fillo de Casares; Goretti Sanmartín, vicepresidenta e responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña; e Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Grupo de Educación do Eixo Atlántico reuniuse na cidade lusa de Braga
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presidiu a reunión do Grupo de Educación do Eixo Atlántico, celebrada este luns na cidade portuguesa de Braga. Ademais de Santiago, estiveron representadas as cidades de Santa María da Feira, Braga e Ourense, xunto con integrantes do Eixo Atlántico.
ALCALDÍA
Recepción en Raxoi ao presidente da Cámara de Representantes de Uruguai, José Carlos Mahía
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o presidente da Cámara de Representantes da República Oriental de Uruguai, José Carlos Mahía. Tamén acudiron ao encontro a cónsul xeral de Uruguai en Galicia, María del Huerto Arcaus; os deputados Carlos Varela e Gerardo Amarilla; e o secretario do Grupo Interparlamentario Uruguaio, Óscar Piquinesa.