XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local amplía as áreas de actividade con reservas para centros especiais de emprego e empresas de inserción
A Xunta de Goberno acordou hoxe ampliar as áreas de actividade nas que o Concello pode facer reserva de contratos a centros especiais de emprego e empresas de inserción. O alcalde, Martiño Noriega, explicou que o Goberno quere "darlle prioridade a este tipo de centros, por riba das grandes empresas, á hora de adxudicar determinados servizos".
MERCADOS
O Consello de Administración de Mercagalicia acorda denunciar ao ex xerente da sociedade mercantil
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, anunciou este venres que o Consello de Administración da sociedade mercantil Mercagalicia, participada polo Concello de Santiago, decidiu por unanimidade presentar unha denuncia contra o ex xerente da mesma, Joaquín Macho.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago súmase á celebración do Día do Pobo Xitano
O alcalde presidiu esta mañá o acto de celebración do Día Internacional do Pobo Xitano, que se conmemora mañá, 9 de abril. Martiño Noriega encargouse de darlle lectura ao manifesto redactado polo escritor Manuel Rivas, no que se lembra "a historia dun pobo aldraxado, perseguido case sen descanso, sen poder tomar folgos, ás veces ata o límite (…) como ocorreu no Holocausto nazi".
ALCALDÍA E MOBILIDADE
A Comisión técnica para a municipalización da ORA e do guindastre volverá reunirse este vindeiro luns
A Comisión técnica para a municipalización da ORA e do guindastre volverá reunirse o luns. Farao cun único punto na orde do día: a toma en consideración para elevar a Pleno do Estudo e avaliación da memoria xustificativa relativa á modificación da forma de xestión do servizo público de xestión da ORA e do guindastre.