TURISMO
As Cidades Patrimonio promociónanse en Brasil
O Grupo Cidades Patrimonio promociónase estes días na feira de turismo World Travel Market Latin America, que ten lugar na cidade brasileira de Sao Paulo entre o 4 e o 6 de abril.
CONVIVENCIA
Protección Civil de Santiago superou os 650 operativos no ano 2016, a cifra máis alta da súa historia
Protección Civil de Santiago participou o ano pasado en 652 operativos. É o número máis alto da historia da agrupación, que superar o récord acadado en 2015 con 599 intervencións. É o dato máis salientable da memoria de actividades presentada hoxe pola xefa de Protección Civil de Santiago, Begoña del Río, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago colabora coa Asociación Sophia nun concerto benéfico a favor da Fundación Andrea e da Richi Foundation
O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe na presentación do concerto benéfico organizado pola Asociación Sophia en colaboración co Concello de Santiago. Na rolda de prensa tamén interviñeron o presidente e a vicepresidenta do colectivo, Juan Carlos Rocamonde e Ángela Carballal.
FACENDA
O Goberno municipal destina 1,5 millóns de euros aos orzamentos participativos de 2018, un 36% máis que este ano
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta esta mañá do inicio do proceso de orzamentos participativos para 2018 que incorporan novidades respecto ao ano pasado e ao piloto de 2016.
FACENDA
Reunión coa Xerencia do Catastro e FERUSA para resolver dúbidas sobre a regularización catastral
Os concelleiros de Facenda e de Medio Rural, María Rozas e Rafael Peña, mantiveron unha xuntanza este mércores con representantes da Dirección Xeral do Catastro e de FERUSA, para resolver dúbidas en relación ao proceso de regularización catastral.
ALCALDÍA
O alcalde mostra o seu malestar co trato que os Orzamentos Xerais do Estado lle dan a Santiago
O alcalde fixo hoxe unha primeira valoración dos Orzamentos Xerais do Estado para 2017, e das partidas que destinan a Santiago. Martiño Noriega recoñeceu a súa "indignación e malestar" cunhas contas que "teñen moitas máis sombras que luces", e que supoñen "o incumprimento de importantes compromisos adquiridos coa nosa cidade". O rexedor lembrou que o trato que recibe Compostela nos Orzamentos Xerais do Estado non é distinto do que recibe o conxunto de Galicia "cunha caída do investimento a...
DEPORTE
A campaña "Sen respecto non hai xogo" chegou a Compostela
O Concello de Santiago prestou o seu apoio á charla educativa celebrada este mércores no Auditorio Abanca dentro da campaña "Sen respecto non hai xogo", promovida pola Cadena Ser. O obxectivo destas sesións para escolares é a erradicación do racismo, da violencia e da discriminación no fútbol e no deporte en xeral.
ALCALDÍA
Recepción aos participantes no V Encontro Internacional de Estudantes e Profesores de Catalán no Exterior
O alcalde, Martiño Noriega, presidiu hoxe a recepción aos participantes no V Encontro Internacional de Estudantes e Profesores de Catalán no Exterior, que se celebra en Santiago do 4 ao 7 de abril. Unha vintena de alumnos e alumnas visitaron o Pazo de Raxoi, acompañados polos seus profesores Mercé López Casas e Andratx Badiá.
ALCALDÍA
Compostela Solidaria preséntalle os seus proxectos ao alcalde
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu hoxe os responsables de Compostela Solidaria, Carlos Nieves, Luis Rivero de Aguilar e Ramón Trillo.
TURISMO
O Tribunal Administrativo Central rexeita o recurso interposto por unha empresa sobre o tren turístico
O Tribunal Administrativo Central vén de comunicarlle ao Concello que desestima o recurso interposto por unha empresa contra o anuncio e os pregos do contrato de servizo de explotación do tren turístico urbano, aprobados o pasado 5 de xaneiro.