CONSORCIO
Últimos días para solicitar as axudas destinadas á mellora dos locais comerciais da cidade histórica
No marco do Programa Localízate, o Consorcio de Santiago vai destinar este ano 150.000 euros en axudas para mellorar a accesibilidade, a eficiencia enerxética, a imaxe exterior e o acondicionamento interior dos locais comerciais situados no ámbito do Plan Especial de Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 8 de maio.
DEPORTE
As seleccións galega e arxentina de tenis de mesa disputarán un amigable en Santiago de Compostela
A concelleira de Deporte, Noa Morales, e o presidente de Arteal TM e vicepresidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, José Alborés, deron a coñecer este mércores os detalles dos encontros amigables que a selección galega disputará coa arxentina.
ALCALDÍA
O Ministerio de Fomento recupera o seu compromiso co acondicionamento da rotonda de Conxo
O ministro de Fomento comprometeuse este mércores a executar o acondicionamento en superficie da rotonda de Conxo, na reunión que mantivo esta mañá en Madrid co alcalde de Santiago. A recuperación dese compromiso era un dos obxectivos de Martiño Noriega nesta xuntanza, na que tamén se abordaron outras actuacións importantes para Compostela.
IGUALDADE
Comeza a preinscrición do programa de conciliación familiar e laboral Verán CampUSC
Actividades deportivas, culturais, socioeducativas e de lecer especialmente deseñadas para rapaces e rapazas de 3 a 13 anos conforman a oferta de Verán CampUSC 2017, programa da USC que por segundo ano conta coa colaboración do Concello de Santiago, orientado a favorecer a conciliación familiar e laboral das familias durante o verán. O programa oferta cinco posibles quendas entre finais de xuño, durante o mes de xullo e para a primeira semana de setembro, con 100 prazas en cada unha delas, 70 reservadas á comunidade universitaria e...
ACCIÓN CULTURAL
Compostela celebra o Día Internacional da Danza
A Concellaría de Acción Cultural celebrará o Día Internacional da Danza (29 de abril) coa presenza de diferentes compañías que, dende este xoves 27 e ata o sábado 29, ofrecerán diversos espectáculos que nos achegarán á danza contemporánea.
CONVIVENCIA
Máis de 130.000 vehículos foron controlados na cidade durante a última campaña de vixilancia da velocidade
Durante os sete días (do 17 ao 23 de abril) que durou a última campaña de vixilancia e control de velocidade nas estradas de Santiago, impulsada pola Dirección Xeral de Tráfico e posta en marcha pola Policía Local, foron inspeccionados 130.947 vehículos. Deles derivaron 118 infraccións por exceso de velocidade, o que representa o 0,09% do total.
POLÍTICAS SOCIAIS
Concha Fernández visita o Programa Municipal de Apoio á Inclusión Social
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, visitou este mércores o Programa Municipal de Apoio á Inclusión Social, que ten lugar na Casa das Asociacións de Benestar, en Salgueiriños.
ACCIÓN CULTURAL
Marianna Prjevalskaya pecha o Ciclo de Piano Ángel Brage no Auditorio de Galicia
O Ciclo de Piano Ángel Brage pecha á súa novena edición coa presenza doutra pianista de recoñecido prestixio internacional. Despois de Olga Scheps e Gabriela Montero, será Marianna Prjevalskaya quen pase polo escenario do Auditorio de Galicia. Ofrecerá un programa con obras de Mozart, Beethoven, Brahms e Rachmaninov.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O escritor e comunicador ambiental Antonio Sandoval impartiu unha charla no marco da XVII Campaña de Animación á Lectura
A Concellaría de Educación e Cidadanía celebrou este martes na Galería Sargadelos unha sesión formativa aberta ao profesorado e ao público co escritor, comunicador ambiental e ornitólogo Antonio Sandoval, no marco da XVII Campaña Municipal de Animación á Lectura "Unha última carta".