FACENDA
O Concello continúa apostando pola transparencia coa publicación de todos os pagos realizados
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou este mércores un novo aplicativo dispoñible no portal orzamentoaberto.santiagodecompostela.gal, que "nos permite seguir avanzando na transparencia e na publicación de datos".
IGUALDADE
Bota a andar o primeiro Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, deu a coñecer na mañá deste mércores os detalles do primeiro Observatorio Municipal de Igualdade de Xénero, que bota a andar no noso Concello. Na rolda estivo acompañada da encargada do seu deseño, Beatriz López.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno saca a concurso público unha parcela do SUNP-4 do Camiño Francés
A Xunta de Goberno vén de acordar a convocatoria dun concurso público con procedemento aberto para o alleamento da parcela número 4 do proxecto de compensación do SUNP-4 do Camiño Francés. O prezo de venda será de 954.573,19 euros, IVE incluído. O prazo para a presentación de ofertas será de 45 días naturais, a partir da publicación do prego no BOP e no DOG.