CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais celebran o Día do Libro cunha ducia de actividades
A concelleira Concha Fernández, que ten delegadas temporalmente as competencias de Centros Socioculturais, presentou este martes as actividades que se van desenvolver na rede para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebra o 23 de abril. As propostas, máis dunha ducia de actividades distintas, terán lugar ao longo de toda a semana "co obxectivo de animar á cidadanía a achegarse á lectura e de compartir a afección no caso dos que xa a teñen". Na rolda de prensa tamén participou Guadalupe...
MEDIO AMBIENTE
O contrato de subministro eléctrico permitirá que o Concello consuma enerxía 100% renovable
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, deu conta este martes da adxudicación do contrato de subministro de enerxía eléctrica en baixa e media tensión do Concello de Santiago á empresa Gas Natural Comercializadora S.A. A proposta foi aprobada nunha Xunta de Goberno celebrada o pasado mércores, e vén a "regularizar o subministro de eléctrico no Concello de Santiago, onde nunca existiu un contrato ao respecto". O edil explicou que "o Concello incumpriu sistematicamente a obriga de sacar a concurso o...
CONSORCIO
Continúa aberta a inscrición no Curso de Posgrao de Especialización Orquestral, que posibilita ao alumnado formarse coa RFG
Está aberto o prazo de inscrición para o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) 2017-2018. Impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos/as instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Escolares de Santiago seguen a participar en itinerarios didácticos pola cidade
Un total de 52 escolares de 2º de Educación Primaria do CEIP Lamas de Abade participarán mañá mércores 19 de abril, ás 11:30 horas, nun itinerario didáctico polo Centro Histórico de Santiago. Esta visita forma parte do programa Vivir Santiago, que desenvolve a Concellaría de Educación e Cidadanía.
ACCIÓN CULTURAL
Os galegos Atrás Tigre reciben á asturiana Lorena Álvarez no Compostela Conversa do 30 de abril
A asturiana Lorena Álvarez, a rapaza de San Antolín á que cantou Nacho Vegas, e a súa Banda Municipal serán os invitados da banda compostelá Atrás Tigre na segunda sesión de Compostela Conversa, un novo ciclo da Concellaría de Acción Cultural que reúne a artistas con vínculos comúns nun irrepetible concerto dobre. Ambas bandas dialogarán sobre os fíos invisibles que as unen, como o "tradicional sexy", as musas, o pobo e a cidade, o costumbrismo, o humor o surrealismo e...