MOBILIDADE
O autobús urbano será gratuíto mañá xoves con motivo da celebración do Día sen Coches
Compostela conmemora mañá xoves o Día sen Coches, no marco da Semana da Mobilidade. Para celebralo, o autobús urbano será gratuíto ao longo de toda a xornada, e en todas as rutas.
ACCIÓN CULTURAL
Ábrese a inscrición para a viaxe a Barcelona do programa "Imos de excursión"
Mañá xoves, 22 de setembro, a partir das 17:00 horas, abrirase o prazo de inscrición para a próxima viaxe do programa municipal Imos de excursión 2016, que terá como destino a cidade de Barcelona. Esta viaxe, de cinco días de duración e pensión completa, realizarase do 8 ao 12 de outubro.
ACCIÓN CULTURAL
A segunda edición do festival "Rock is Dead" traerá a Belvís case 200 músicos/as e actividades para todos os públicos
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá a segunda edición do Festival Rock is Dead, que terá lugar o próximo sábado 24 de setembro no parque de Belvís. Na rolda estivo acompañada do vicepresidente e secretario da Asociación Cultural Mad Ghost, Iago e Jorge Otero, encargados da organización do evento.
COMERCIO
O Ensanche celebrará o 1 de outubro unha festa con música e actividades na que participarán máis de 50 comercios
O Ensanche compostelán volve estar de festa e reedita a celebración do seu 55 aniversario cunha nova edición que leva por nome 56 anos vivindo O Ensanche. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou os detalles das actividades organizadas polo tecido veciñal e comercial do barrio. Na rolda estivo acompañada do coordinador do evento, Xosé Manuel Durán; o secretario de Santiago Centro, Delmiro Prieto; un representante de Panxea, Gonzalo Gesto; e Eva López de proxecto EmRede.
ALCALDÍA E MOBILIDADE
O Concello e Cogami asinan un protocolo para mellorar a accesibilidade en Santiago
O Concello de Santiago e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade asinaron hoxe un convenio de colaboración que ten como obxectivo mellorar a accesibilidade universal das instalacións e servizos dependentes da administración municipal. O texto foi subscrito polo alcalde, Martiño Noriega, e polo presidente de Cogami, Anxo Queiruga.
CONSORCIO
Últimos días para percorrer a exposición "Picheleir@s", que pendura de varios edificios do centro histórico compostelán
A finais de xullo volvía ás rúas do centro histórico compostelán a exposición Picheleir@s, promovida polo Consorcio de Santiago e que se inauguraba en 2014 con grande éxito. Esta mostra recolle a maioría de oficios e profesións -moitos xa desaparecidos- que tiveron protagonismo na cidade dende a Idade Media ata a actualidade.