ACCIÓN CULTURAL
Un total de 65 curtametraxes de 19 países competirá na XIII edición de Curtocircuíto
Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine, deu hoxe a coñecer os detalles da súa próxima edición, que se celebrará en Compostela entre os días 3 e 9 de outubro. Foi nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e o director do festival, Pela del Álamo.
ALCALDÍA E MOBILIDADE
O Concello aposta polo vehículo eléctrico para contribuír á redución de emisións
O alcalde, Martiño Noriega, e o director de Vehículo Eléctrico de Renault Iberia, Luis Valerio Fernández, asinaron hoxe un protocolo de colaboración entre o Concello e a compañía automobilística para o impulso e a promoción conxunta da "mobilidade cero emisións en Santiago".
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A conferencia de Francesco Tonucci será no salón de actos do IES Rosalía de Castro
O grande interese que está a xerar a visita do pedagogo italiano Franceso Tonucci a Compostela motivou que o Concello decidira cambiar o lugar no que dará a súa conferencia o próximo 23 de setembro, a partir das 19:00 horas.
CONSORCIO
Catro solistas noveis de Galicia tocarán coa Real Filharmonía xunto con outros/as de Países Baixos, Rusia e Estados Unidos
O VI Festival Internacional Peregrinos Musicais, cuxa finalidade é apoiar a novos talentos galegos, clausúrase este venres, 23 de setembro, cun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG). A orquestra, dirixida nesta ocasión polo seu director asociado, o mestre compostelán Maximino Zumalave, acompañará a músicos/as noveis de Galicia e tamén procedentes dos Países Baixos, Rusia e Estados Unidos. A cita terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia.