EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello porá en marcha o luns 12 de setembro o servizo de comedores e de madrugadores para o curso 2016-2017
O Concello de Santiago porá en marcha, o luns 12 de setembro, o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.
FACENDA
O vindeiro luns 5 de setembro péchase o prazo para o pagamento voluntario do IBI
A Concellaría de Economía e Facenda lembra que o vindeiro luns, 5 de setembro, é o último día para efectuar o pago voluntario do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), que afecta a inmobles de natureza urbana, rústica e de características especiais.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda sancionar á empresa responsable da fase II de Vista Alegre pola demora nas obras
A Xunta de Goberno acordou hoxe impoñer á empresa Petrolam A Veiga S.L a sanción de 52.470,98 euros polo retraso nas obras de Vista Alegre, en concreto da Fase II.
IGUALDADE
Os nenos e nenas participantes no Verán CampUSC 2016 visitan o Pazo de Raxoi
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, recibiu esta mañá no salón nobre do Concello os participantes do Verán CampUSC 2016, un programa organizado pola Universidade compostelá no que colabora por primeira vez o Concello de Santiago a través do Departamento de Igualdade.
MOBILIDADE
Máis frecuencias e mellor cobertura xeográfica na reordenación das liñas do transporte público de Compostela
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe da proposta para a reorganización das liñas de autobús, que onte foi presentada no Consello de Administración de Tussa. Jorge Duarte explicou que o obxectivo da reorganización é conseguir "un transporte público máis eficiente, que nos axude a reducir a presenza de vehículos privados e, polo tanto, unha cidade máis habitable".
CONVIVENCIA
Limitada a velocidade na avenida de Castelao a 30 quilómetros/hora
Esta mañá remataron os traballos de sinalización na avenida de Castelao, na que dende hoxe non se poderá circular a máis de 30 quilómetros por hora.