IGUALDADE
O Concello abre as subvencións de Igualdade a todo tipo de asociacións de Santiago
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo presentou hoxe as bases e a convocatoria de subvencións para o fomento de actividades en prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, e de prevención e loita contra a violencia de xénero. Marta Lois salientou que, por vez primeira, todas as asociacións de Santiago de Compostela que desenvolvan as súas actividades no termo municipal poden optar a estas axudas, que ata agora se limitaban ás asociación de mulleres.
DEPORTE
Unhas 1.200 persoas participarán na CorreSan Nocturna Cidade Vella
Xa está todo listo para a celebración da cita estrela do V Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago CorreSan, a proba nocturna polo casco histórico compostelán. Será este sábado, 3 de setembro, con saída e chegada na praza do Obradoiro. A día de hoxe xa hai máis de 800 inscritos/as, pero a previsión é que a participación estea en torno ás 1.200 persoas.
ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
Womex busca voluntarios e voluntarias
Womex, a maior feira internacional de world music, busca voluntarios e voluntarias que queiran ser parte deste evento, que se celebrará en Santiago de Compostela do 19 ao 23 de outubro. O prazo de inscrición estará aberto ata o 5 de outubro.
POLÍTICAS SOCIAIS
O BOP publica a aprobación definitiva da nova ordenanza Compostela +
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a aprobación definitiva da Ordenanza de Garantía Básica Cidadá do Concello de Santiago, Compostela +. O texto entrará en vigor nun prazo de 20 días.