XUNTA DE GOBERNO
Adxudicado o gran contrato de mantemento
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe o gran contrato de mantemento, que permitirá "darlle estabilidade ás obras de conservación e reparación de pavimentos, e actuar de maneira case instantánea cando se detecte algunha deficiencia". O alcalde, Martiño Noriega, deu conta do acordo, que suporá un investimento anual de 1,2 millóns de euros e que "evitará ter que írmonos a continuas licitacións, que atrasan actuacións importantes".
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Homenaxe ao químico Ignacio Ribas Marqués no Día da Ciencia en Galicia
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asistiu no Parque das Ciencias "Isido Parga Pondal" (San Roque) ao acto de colocación dunha placa na honra de Ignacio Ribas Marqués, químico orgánico, con motivo do Día da Ciencia en Galicia. O acto foi organizado pola Real Academia Galega de Ciencias en colaboración co Departamento municipal.
ACCIÓN CULTURAL
Abel Ferrara deixa a súa pegada en Curtocircuíto
Abel Ferrara é un dos convidados de excepción desta edición do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto, a onde chega en calidade de programador. No festival tamén se poderán ver algunhas das curtas filmadas polo director norteamericano.
IGUALDADE
Remata o programa "Unha enxeñeira ou científica en cada cole"
Seis colexios de Compostela participaron estas últimas semanas no programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole, organizada pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC e o Concello de Santiago a través do Departamento de Igualdade.