XUNTA DE GOBERNO
O Concello renova a colaboración con Cidade Vella e Tempo sen Xeito
A Xunta de Goberno aprobou hoxe os convenios de colaboración entre o Concello de Santiago e as asociacións culturais Cidade Vella e Tempo con Xeito para o último trimestre do ano. O alcalde, Martiño Noriega, lembrou que estes acordos son "o marco de cooperación cos locais de hostalería, para que poidan desenvolver actividades de dinamización, sempre co compromiso de colaborar activamente co Concello para evitar molestias á veciñanza".
EDUCACIÓN E COMERCIO
Compostela recupera a tradición do Samaín
O Concello de Santiago quere apostar polo Samaín tradicional. Por iso, os concelleiros de Educación e de Comercio, Manuel Dios e Marta Lois, respectivamente, veñen de presentar o programa municipal para conmemorar estas festas. Na rolda estiveron acompañados de Rafael López Loureiro, mestre e impulsor do Samaín en Galicia.
POLÍTICAS SOCIAIS
I Xornada sobre a situación das persoas sen fogar
O vindeiro día 27 de outubro, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos, s/n), terá lugar a I Xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela, organizada conxuntamente pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde e a Mesa de Traballo para o estudo da situación das persoas sen teito – transeúntes e dos recursos en Santiago de Compostela.
FACENDA
Orzamento Aberto, o novo portal para consultar as contas municipais
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou hoxe o novo portal de orzamentos do Concello, que leva por nome Orzamento Aberto e ao que se pode acceder a través da dirección orzamentoaberto.santiagodecompostela.gal. O novo portal ofrece o estado do orzamento municipal e actualizarase cada tres meses, amosando o estado de execución do orzamento.
FACENDA
A Corporación aproba a Conta Xeral do 2015
O Pleno da Corporación vén de aprobar, en sesión extraordinaria, a Conta Xeral de 2015 grazas os votos a favor de Compostela Aberta e as abstencións dos demais grupos.