ALCALDÍA
Os nenos e nenas do CEIP de Vite defenderon nun pleno infantil o seu programa de melloras para o colexio
Os nenos e nenas de 4ª de Primaria do CEIP de Vite I convertéronse por unhas horas en concelleiros e concelleiras nun pleno infantil monográfico sobre as melloras que precisa este centro escolar. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, pasou a saudar os rapaces e a explicarlles o funcionamento habitual do pleno antes de que estes comezaran o seu intenso debate programático.
COMERCIO
A primeira gran solta das Bolboretas do Nadal terá lugar este sábado en Conxo
O barrio de Conxo é o elixido para acoller a primeira das sete grandes soltas das Bolboretas do Nadal, onde os e as participantes poderán pillar valiosas bolboretas e trocalas alí mesmo por agasallos especiais.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello duplica a contía das bolsas de comedor escolar para este curso
A Xunta de Goberno aprobou este venres o expediente de resolución definitiva da convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar para o curso 2015/2016. A contía das axudas viuse incrementada sensiblemente con respecto a anos anteriores, e desta vez acada un total de 165.727,40 euros. Son 78.000 euros máis que no curso 2014/2015, e 96.000 euros máis que no curso 2013/2014.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago remata as obras na igrexa de San Fiz, centradas na limpeza da fachada e do campanario
O Consorcio de Santiago interveu na fachada e no campanario da igrexa de San Fiz de Solovio. A obra, que se executou no prazo dun mes, cun orzamento global de 16.520,75 euros, realizouna a empresa TECHNE Conservación y Restauración de Bienes Culturales.
CONVIVENCIA
Suprimida a pintada da Colexiata de Sar
Os operarios de Urbaser eliminaron esta mañá as pintadas que apareceran no conxunto da Colexiata de Sar, en concreto no edificio anexo da igrexa que funcionara como colexio, e na porta da propia colexiata.