IGUALDADE
O Concello de Santiago sensibiliza en igualdade de xénero a máis de 450 adolescentes con motivo do 25 de novembro
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Sostible e Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi unha innovadora campaña para sensibilizar os adolescentes da cidade sobre a igualdade de xénero con motivo da celebración do 25 de novembro, declarado pola ONU como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
ALCALDÍA
Vinte e cinco nenos e nenas de catro centros escolares da cidade participan no pleno infantil con motivo do Día do Neno
Vinte e cinco nenos e nenas dos colexios das Fontiñas, Lamas de Abade, López Ferreiro e Monte dos Postes foron os protagonistas este venres no salón de plenos do Concello de Santiago, onde recibiron a benvida do alcalde da cidade, Martiño Noriega; do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e dos representantes da oposición Agustín Hernández, Rubén Cela e Gonzalo Muíños. Esta actividade con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno, contou coa colaboración de Unicef.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda iniciar un procedemento negociado para adxudicar o servizo de comedores escolares
Un día despois de que a Mesa de Contratación cerrara o procedemento, a Xunta de Goberno acordou hoxe deixar deserta a licitación do servizo de comedores escolares para os cursos 2015-2016 e 2016-2017. Á vista dos informes xurídicos, o Executivo local aprobou o inicio dun procedemento negociado sen publicidade para adxudicar o servizo, invitando a cando menos tres empresas a presentaren as súas ofertas. O alcalde explicou que os informes de contratación sinalan que hai que manter os pregos de condicións do concurso aberto, porque...
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a directora do Instituto Europeo Campus Stellae, Nuria Pereira
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a directora do Instituto Europeo Campus Stellae, Nuria Pereira.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago restaura as pinturas murais renacentistas achadas detrás do retablo da igrexa de Santa Mariña de Berdía
Dentro das actuacións que o Consorcio de Santiago leva a cabo fóra da cidade histórica, o organismo realizou este ano varias obras na igrexa de Santa Mariña de Berdía, localizada na parroquia homónima, a uns dez quilómetros ao norte da cidade. Entre estas intervencións, restaurouse o retablo maior do templo, de orixe barroca, tralo que se acharon unhas pinturas de estilo renacentista, aínda sen datar con precisión.
ACCIÓN CULTURAL
O último de Nanni Moretti, Patricio Guzmán e Arturo Ripstein, este sábado en Cineuropa
A programación do Teatro Principal para este sábado inclúe varias estreas de cineastas tan ilustres en Cineuropa como Patricio Guzmán, Nanni Moretti ou Arturo Ripstein. Ademais, contaremos de novo coa presenza do escritor e cineasta Ramón Lluís Bande para preentar Equí y n’otru tiempu.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música e a cantaora Paula Domínguez interpretan "El amor brujo"
Novo concerto dominical da Banda Municipal de Música dentro do seu Ciclo de Outono. Será ás 12:00 horas no Teatro Principal.