PLENO
O Pleno aproba a solicitude de devolución a dez anos de 1,1 millóns de euros ao Estado pola liquidación definitiva do PIE 2013
O Concello de Santiago terá que devolver 1.106.891,51 millóns de euros dos ingresos que recibiu en 2013 por parte do Estado pola participación dos tributos do Estado (PIE 2013). Isto é o resultado das diferencias entre as entregas recibidas polo Concello en 2014 e a liquidación real, que arroxa esta diferencia que hai que devolver.
TURISMO
Turismo de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela coorganizan por primeira vez o certame Santiago(é)tapas
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e os presidentes da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos e José Antonio Riveiro, presentaron no Pazo de Raxoi o convenio de colaboración asinado entre ambas entidades para coorganizar o concurso de tapas da cidade, Santiago(é)tapas, que se desenvolverá entre os días 12 e 29 de novembro.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Infantil Municipal de Meixonfrío-Salgueiriños celebra o Samaín
Este mércores, as familias dos nenos e nenas da Escola Infantil Municipal de Meixonfrío-Salgueiriños, o persoal do centro educativo e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participaron en varias das actividades que arredor do Samaín se veñen desenvolvendo nas últimas semanas: elaboración de cabazas, contacontos, representacións teatrais, receitas de cociña e xogos, entre outras. Estas actividades son un punto de encontro para a comunidade educativa e para a socialización dos 123 nenos...
ACCIÓN CULTURAL
A Orquestra Sinfónica de Galicia clausura as Xornadas de Música Contemporánea
A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), clausura as Xornadas de Música Contemporánea con obras de Webern, Macías e Schoenberg. Será nun concerto este xoves, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia, no que estará dirixida por Arturo Tamayo. As entradas para o concerto teñen un prezo de 10 euros (5 € para estudantes e xubilados) e poden mercarse en entradas.abanca.com, no 902 434 443 ou no despacho de billetes do Teatro Principal. Tamén e xa o propio día do concerto, no...
ACCIÓN CULTURAL
The Buttshakers chegan a Compostela dentro do ciclo Blues Nite by 1906
A orquestra The Buttshakers chegan a Compostela dentro do ciclo Blues Nite by 1906 para deleitarnos co seu rithm & blues e dose de garaxe. Será este xoves 29 de outubro cando os poderemos escoitar na Sala Capitol a partir das 21:30 horas. As entradas teñen un prezo de 12 euros anticipada e 15 euros o día do concerto e poden mercarse do no despacho de billetes do Teatro Principal, en A Reixa Tenda, Miranda, ticketea.com e salacapitol.com.