XUNTA DE GOBERNO
Visto bo da Xunta de Goberno Local á nova convocatoria de axudas para as festas patronais
A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa sesión ordinaria deste luns, as bases da convocatoria de subvencións ás festas patronais. Tamén se deu o visto bo a dous programas de Educación, o de conciliación desta Semana Santa e o dunha nova edición da Campaña de Animación á Lectura.
EDUCACIÓN
Concerto da Escola Municipal da Música na Aula Hospitalaria do CHUS
Este xoves 5 de marzo celebrarase o primeiro dos concertos que a Escola Municipal de Música realizará neste curso no marco de colaboración entre o Departamento de Educación e a Aula Hospitalaria do Hospital Clínico. A sesión será ás 18:00 horas e nela participarán alumnos e alumnas da especialidade de trombón xunto co seu profesor, Víctor Collazo.
TURISMO
Os ingresos por habitación subiron un 11% nos hoteis de Santiago en 2019
O ingreso medio por habitación dispoñible nos hoteis de Santiago medrou un 11% no 2019, segundo os datos feitos públicos por Exceltur, unha asociación sen ánimo de lucro formada polas empresas máis relevantes do sector turístico español. Con este incremento, o ingreso medio por habitación subiu nos hoteis de Santiago ata os 42,2 euros, fronte aos 37,8 euros do 2018.