ESPAZOS CIDADÁNS
Constituído o Consello Asesor do Parque Compostela Rupestre, que estrea imaxe corporativa
Esta mañá quedou constituído o Consello Asesor do Parque Compostela Rupestre, nunha reunión celebrada no Pazo de Raxoi na que estiveron representados os cinco concellos que participan do proxecto (Santiago, Ames, Brión, Teo e Val do Dubra) e máis a Deputación da Coruña. Na xuntanza tamén se presentou a nova imaxe corporativa do parque.
ALCALDÍA
Martiño Noriega destaca que o novo enlace da AP-9 coa Cidade da Cultura mellorará a conectividade cos barrios de Fontiñas e Sar
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acudiu hoxe á posta en funcionamento do enlace PK 70 da AP-9 coa Cidade da Cultura, obra que supuxo un investimento de 3,58 millóns de euros e que foi executada polo Ministerio de Fomento. No acto tamén estiveron, entre outros, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
ALCALDÍA
Quince concellos únense na Asociación de Entidades Locais pola Lingua
Hoxe quedou constituída, nunha asemblea celebrada no Pazo de Raxoi, a Asociación de Entidades Locais pola Lingua. Trátase dunha entidade que ten como obxectivo desenvolver proxectos conxuntos no ámbito da normalización do idioma.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba os prazos de inscrición nas escolas infantís municipais
A Xunta de Goberno aprobou hoxe os prazos e o procedemento de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas, e Meixonfrío-Salgueiriños. No caso de novo ingreso, o prazo de presentación de solicitudes será do 16 de marzo ao 16 de abril.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Música actúa o domingo en Braga, na Semana Cultural de Converxencias Portugal-Galiza
A Banda Municipal de Música de Santiago ofrecerá un concerto o próximo domingo en Braga, dentro da programación da quinta Semana Cultural de Converxencias Portugal-Galiza, que promove o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho. A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o director da Banda, Casiano Mouriño, participaron hoxe na presentación do programa.
MOCIDADE
Preto de 500 alumnos e alumnas de tres institutos participan na segunda edición do "Teatro-Foro"
Tralo éxito da primeira edición do proxecto Teatro-Foro, o Concello de Santiago organiza unha segunda edición que se desenvolverá nos institutos Xelmírez I, Xelmírez II e Pontepedriña e no que participarán, dalgún ou doutro xeito, preto de 500 alumnos e alumnas. Os detalles foron presentados esta mañá pola concelleira de Mocidade, Noa Morales, e polo organizador, Ramón Molina, de Arelar Xestión Socioeducativa.
ALCALDÍA E OBRAS
As obras do ascensor de Triacastela estarán rematadas en marzo
As obras de mellora da accesibilidade na rúa de Triacastela afrontan a súa última fase, e o ascensor que conectará os barrios de Fontiñas e San Pedro poderá empezar a funcionar cara finais de marzo. Así se puxo de manifesto esta mañá, durante a visita que realizaron ás obras o alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña. O rexedor manifestou "a satisfacción do Goberno porque por fin se materialice un proxecto polo que a...
ALCALDÍA
O alcalde participa no acto de apertura dun novo espazo de ocio en Área Central
O alcalde, Martiño Noriega, participou hoxe no acto de inauguración de Urban Planet, un novo espazo de ocio activo e deporte localizado en Área Central. Coas novas instalacións, os responsables do centro comercial confían en darlle unha nova vida á grande superficie do barrio das Fontiñas.
ALCALDÍA
Máis concellos implicados, novas categorías e máis premios na terceira edición do Proxecto Youtubeir@s
Hoxe bota a andar a terceira edición de [emYoutubeir@s, un proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de trece concellos, entre eles o de Santiago, as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña. Desta volta, o certame repartirá 6.500 euros en premios e reforzarase o apartado de formación, centrado na comunidade educativa. O alcalde, Martiño Noriega, salientou a boa acollida deste proxecto, que "demostra que as institucións locais poden liderar as iniciativas para reivindicar o uso da lingua...
ACCIÓN CULTURAL
O festival "Lost in Sound" regresa ao CGAC vinte anos despois da man do Concello
Xa só quedan dous días para que o Centro Galego de Arte Contemporánea rememore, da man do Concello, un dos seus proxectos máis icónicos: o festival Lost in Sound. Vinte anos despois, a música electrónica volverá ao CGAC na terceira edición do Compostela Conversa, organizado pola Concellaría de Acción Cultural.