ALCALDÍA
O alcalde reclamará en Madrid "avanzar no camiño marcado en setembro para construír a EDAR na Silvouta"
O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, viaxarán mañá a Madrid para participar nunha xuntanza con representantes do Ministerio de Transición Ecolóxica e da Xunta de Galicia para abordar o proxecto da futura EDAR de Santiago. Nesa reunión, o Goberno local reclamará ao Ministerio que "avance nos acordos acadados en setembro para construír a depuradora na Silvouta, no espazo que ocupan as actuais instalacións". O alcalde lembrou que "este é o proxecto con...
ALCALDÍA E DEPORTE
O renovado campo de Santa Isabel acolle o Campionato de España de seleccións autonómicas femininas sub-15 e sub-17
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visitou hoxe as instalacións do recentemente remodelado campo de fútbol de Santa Isabel, acompañado pola concelleira de Deporte, Noa Morales; concelleiros e concelleiras da Corporación e unha representación dos clubs da cidade, ademais da futbolista compostelá Vero Boquete.
XUNTA DE GOBERNO
As obras da pasarela do CEIP das Fontiñas poderán comezar á volta do Nadal
A Xunta de Goberno adxudicou hoxe as obras da pasarela que conectará os dous edificios do CEIP das Fontiñas. Os traballos, orzados nalgo máis de 105.000 euros, atenden a unha vella demanda da comunidade educativa do barrio.
DEPORTE
Máis de 1.000 escolares participaron na segunda edición da actividade "Coñece o squash"
O polideportivo de Santa Isabel acolleu este venres a acción de clausura do programa escolar "Coñece o squash", que o Concello de Santiago impulsou, por segundo ano consecutivo, en colaboración coa Federación Galega de Squash. Ata alí se achegaron a concelleira de Deporte, Noa Morales, o campión de España e Europa, Borja Golán, e o presidente da Federación, Carlos Noya.
ACCIÓN CULTURAL
Fernando Epelde e Rafa Vilar, gañadores da I edición dos Premios SELIC de creación literaria
Fernando Epelde García e Rafa Vilar son os gañadores dos I Premios SELIC de creación literaria nas categorías de teatro e poesía, polas súas obras Realness e A cidade e a chuvia, respectivamente. Así o acordou o xurado dos galardóns, que decidiu deixar deserto o premio na categoría de narrativa.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicado o contrato de mantemento da rede viaria cun orzamento de dous millóns de euros ata 2020
O Goberno local vai investir dous millóns de euros nos dous próximos anos no mantemento e reparación da rede viaria de titularidade municipal, uns traballos dos que se encargará a empresa Obras y Viales de Galicia SL. A Xunta de Goberno adxudicou hoxe o contrato, co obxectivo de que as primeiras actuacións arranquen á volta de Nadal.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
A exposición "Anacos do rural de Compostela e A Coruña" inaugúrase este mércores no Recinto Feiral de Amio
O hall principal do recinto feiral de Amio acolle este mércores, a partir das 11:45 horas, a inauguración da exposición Anacos do rural de Compostela e A Coruña, unha selección de fondos fotográficos pertencentes á edición multimedia Galicia na memoria, unha escolma fotográfica e cinematográfica de Galicia elaborada grazas á colaboración coa Mediateca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que aporta os seus valiosos fondos sobre a Galicia rural, recollidos entre 1934 e.../em>
CENTROS CÍVICOS
A rede de centros cívicos recibe a visita do Apalpador
Desde esta semana e ata o 4 de xaneiro, o Apalpador visitará a rede de centros cívicos de Santiago, acompañado de música, maxia e malabares. A concelleira Concha Fernández presentou hoxe o programa "co que o Concello quere dar a coñecer esta figura tradicional do Nadal galego, que tamén percorrerá as rúas de Compostela o 21 de decembro".
ACCIÓN CULTURAL
Curtocircuíto e Cineclube de Compostela homenaxean ao cineasta Claudio Guerín Hill
Despois do éxito viral que tivo a proxección dos episodios da serie Coñeza vostede España, Compostela e Hacia Santiago na Carta Branca que o festival Curtocircuíto e o Cineclube de Compostela lle concederan a Ezequiel Méndez Vidal no pasado mes de outubro, ambas partes volven a colaborar para proxectar as devanditas curtas, esta vez no Teatro Principal de Santiago, nunha sesión de balde o próximo sábado 15 de decembro ás 19:30 h.
ALCALDÍA
O Concello entrega as Medallas de Ouro da cidade
O Concello de Santiago fixo entrega esta tarde da súa máis alta distinción, a Medalla de Ouro da cidade, ao empresario José Otero e á agrupación Cantigas e Agarimos. Foi nun acto que presidiu o alcalde no Hostal dos Reis Católicos, e no que Ramón Castromil recibiu ademais o título de Fillo Predilecto de Compostela.