XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de goberno local aproba as bases das subvencións a asociacións culturais o mesmo día que o BOP publica as axudas a actividades para o sector profesional
A Xunta de Goberno Local, aprobou hoxe as "Bases da convocatoria de subvencións para asociacións culturais 2021"; á que se destinan 48.500 euros; o mesmo día que o BOP publica as "Bases reguladoras da convocatoria de axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional 2021", que contan cun orzamento de 554.992,90 euros, que xa se poden solicitar desde mañá, 19 de maio. Das dúas convocatorias informou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa.
EDUCACIÓN
O Instituto de Educación Segundaria Lucía de Medrano de Salamanca gaña o certame Aula Patrimonio 2021
O presidente da Comisión de Educación, Cultura e Deporte do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez, anunciou hoxe o nome do gañador do certame Aula Patrimonio 2021: o Instituto de Educación Segundaria Lucía de Medrano de Salamanca.
ACCIÓN CULTURAL
O concello de Santiago homenaxea a Xela Arias con distintas actividades, concertos, exposicións e roteiros
O concello de Santiago homenaxea a Xela Arias, a quen este ano se lle adica o día das Letras Galegas, con exposicións, concertos, roteiros, obradoiros e outras actividades que se desenvolverán en distintos espazos da cidade. Están programadas polas concellarías de Acción Cultural, Educación, e Centros Socioculturais, e teñen como obxectivo dar a coñecer a figura e a obra da autora de Sarria.
MEDIO RURAL
Rematan as obras da senda peonil da rúa de San Martiño, en Aríns, que mellorará a seguridade dos peóns
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; e o Concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitaron hoxe, 15 de maio, o remate das obras da "Senda peonil na Rúa de San Martiño" na parroquia de Aríns, que contaron cun orzamento de adxudicación de 319.420 euros, e un prazo de execución de cinco meses. Na visita tamén estiveron presentes o presidente da Asociación de Veciños de Aríns, José Cebey Aldrey; e Manuel Baluja, membro da directiva.
ALCALDÍA
Chamada de atención á cidadanía por parte do alcalde ante o incremento na incidencia de contaxios, que se triplicaron na última semana
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, amosou a súa preocupación polos datos de contaxios por covid-19, que se triplicaron na última semana. O rexedor deu cifras: o pasado 13 de maio a incidencia por cen mil habitantes a 7 días era de 13 casos; e hoxe é de 41. "É previsible que a cifra siga crecendo a próxima semana, e iso, indubidablemente, non é bo, e debemos facer unha chamada de atención" á cidadanía.
TURISMO
As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade e Paradores poñen en valor o turismo de calidade como eixo central da recuperación
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, entre os que se atopa Santiago de Compostela e Paradores de Turismo avanza na recuperación do sector a través dun ambicioso plan estratéxico de promoción conxunta que pon en valor o turismo de calidade como eixo central da recuperación.
ACCIÓN CULTURAL
Compostela Cultura abre un novo espazo na cidade: Zona C. Punto de Información Cultural
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentaron esta mañá aos medios de comunicación o novo espazo da concellaría: a Zona C. Punto de Información Cultural. Está situado no Preguntoiro, 1, na praza de Cervantes, no que era a antiga Casa do Concello.
TURISMO
A Organización Mundial do Turismo selecciona como exemplo o Plan de Reactivación Turística de Santiago
A Organización Mundial do Turismo (OMT), organismo das Nacións Unidas encargado da promoción dun turismo responsable, sostible e accesible, escolleu ao Plan de Reactivación Turística elaborado por Turismo de Santiago como exemplo de boas prácticas para a recuperación do turismo.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo presenta, xunto ás alcaldesas da Coruña e de Castellón, as xornadas sobre políticas alimentarias "Do horto á cidade"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe, xunto á súa homóloga da Coruña, Inés Rey; e á rexidora de Castellón, Amparo Marco, na presentación do evento, "Do horto á cidade". Os tres alcaldes lembraron o gasto que tiveron que afrontar os municipios para paliar os efectos da Covid-19, sen percibir ningunha compensación económica doutras administracións, a excepción da Deputación provincial, no caso das cidades da Coruña e Santiago.
ALCALDÍA
Visita institucional do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, realizou esta mañá unha visita institucional ao Concello de Santiago, onde asinou no libro de Honra e mantivo un encontro co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cos voceiros dos grupos municipais socialista, Sindo Guinarte; de CA, Marta Lois; e do BNG, Goretti Sanmartín; e co concelleiro do PP Ramón Quiroga. Tralo encontro, o delegado e o alcalde anunciaron a remodelación do cuartel da Garda Civil de Santiago, que estará en obras a principios de 2022.