PATRIMONIO
O Concello celebra o 30º aniversario da declaración de Santiago de Compostela como Patrimonio da Humanidade
O Concello vai celebrar o 30º aniversario da declaración de Santiago como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, cun acto que se celebrará o martes 29 de decembro no Centro Galego de Arte Contemporánea. Un dos seus protagonistas será o que fora alcalde de Santiago en 1985, Xerardo Estévez, que pronunciará unha conferencia titulada "Cidade histórica e Camiño, un mesmo porvir". Ademais, están previstas as intervencións do alcalde compostelán, Martiño Noriega, e dos voceiros da oposición:...
ALCALDÍA
Martiño Noriega felicitou o Nadal ás traballadoras e traballadores do Concello
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu a tradicional recepción de Nadal aos traballadores e traballadoras do Concello e dos diferentes organismos autónomos e empresas públicas vinculados ao mesmo, que nesta ocasión acudiron en gran número ao salón vermello do Pazo de Raxoi.
TURISMO
Compostela Gastronómica Nadal volve con actividades para todos os públicos
A edición de Nadal de Compostela Gastronómica, que se celebrará entre o 19 de decembro e o 5 de xaneiro, comeza este sábado cunha degustación de balde de escumosos e castañas de Galicia, de 12:30 a 14:00 horas, no Mercado de Abastos.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
As escolas infantís de Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños celebran o seu Festival de Nadal
Este venres, ás 16:00 horas, as familias, os nenos e nenas e o profesorado das escolas infantís municipais das Fontiñas e de Meixonfrío-Salgueiriños celebrarán a tradicional Festa de Nadal, na que darán a coñecer o traballo realizado con motivo destas datas e felicitarán as festas.
POLÍTICAS SOCIAIS
A concelleira de Políticas Sociais reúnese cos colectivos relacionados coa situación das persoas sen teito da cidade
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, mantivo unha xuntanza esta mañá cos colectivos relacionados coa situación das persoas sen teito da cidade. Á xuntanza acudiron representantes da Policía Local, UMAD, Cruz Vermella, Vieiro, Cociña Económica, FEAFES, Compostela Vella e Compostela Monumental. Tamén estaban invitados á xuntanza Cidade Vella e San Martiño Pinario, que declinaron invitación.
ACCIÓN CULTURAL
Maxia, danza, teatro e música na axenda cultural desta fin de semana e luns
A Concellaría de Acción Cultural propón ata sete citas culturais coa danza, maxia, teatro e música para esta fin de semana e luns. Sábado teremos un espectáculo de maxia con varios magos galegos e danza con Los INNato; domingo temos nova función con Los INNAto, ademais do concerto inaugural de Todo Lírica e o de Nadal da Banda; e xa o luns haberá teatro infantil e un concerto de góspel. As entradas para todos os eventos que son de pago (o da banda é de balde) poden mercarse no despacho de billetes do Teatro...
COMERCIO
O luns péchase o prazo de inscrición no Concurso de Ambientación de Nadal dirixido a establecementos comerciais e hostaleiros
Este vindeiro luns, 21 de decembro, péchase o prazo para que comercios e establecementos hostaleiros participen do Concurso de Ambientación de Nadal que convoca o Concello de Santiago.
ALCALDÍA
O grupo Histagra da USC ultima un programa para conmemorar o 80º aniversario do inicio da Guerra Civil española
O alcalde recibiu este xoves ao coordinador do grupo de investigación Historia Agraria e Política do Mundo Rural (Histagra), do Departamento de Historia Contemporánea da USC, Lourenzo Fernández Prieto, e a un dos membros do seu equipo, o investigador Antonio Míguez Macho. O grupo quería presentarlle a Martiño Noriega as actividades que están a organizar para conmemorar, en xullo do ano que vén, o 80º aniversario do comezo da Guerra Civil Española.
ACCIÓN CULTURAL
A Orquestra e o Coro Gaos protagonizan a Gala Lírica da Asociación de Amigos da Ópera
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o presidente da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, Jesús Couceiro; e unha das vocais, María Pardal, presentaron esta mañá na Casa do Concello a Gala Lírica que a Asociación celebra este Nadal. Será o martes 22 de decembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. Nela, poderemos escoitar á Orquestra e ao Coro Gaos, xunto á soprano Mariola Cantarero, o barítono Borja Quiza, e Margarita Guerra ás castañolas,...
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou unha vítima este mércores en Zaragoza.