ALCALDÍA
O alcalde reúnese co Foro Cívico para falar sobre as infraestruturas da cidade
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse esta tarde co Foro Cívico, a quen lle transmitiu a preocupación do Concello polas infraestruturas da cidade, claves para continuar mellorando as comunicacións na capital de Galicia.
ALCALDÍA
Martiño Noriega preside o Consello Municipal de Relacións Veciñais
O Pazo de Raxoi acolleu onte unha reunión do Consello de Relacións Veciñais, presidida polo alcalde, Martiño Noriega, á que asistiron representantes dos catro grupos da Corporación municipal e das asociacións de veciños de Compostela. O rexedor aproveitou a xuntanza para reiterar o seu compromiso de escoitar as demandas dos residentes e facelos partícipes das políticas que se poñan en marcha desde o Concello.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local aproba un convenio coa Asociación Cultural Cidade Vella
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Asociación Cultural Cidade Vella para a realización dunha serie de actividades que pretenden dinamizar o casco histórico. O acordo trata de asentar, na zona vella de Compostela, un modelo de programación cultural e de ocio de proximidade, de pequeno formato, e respectuoso co descanso dos veciños.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O prazo de inscrición para o Programa Municipal de Conciliación de Nadal estará aberto do 28 de novembro ao 10 de decembro
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, explicou esta mañá en rolda de prensa os pormenores do Programa Municipal de Conciliación de Nadal, que se celebrará no CEIP As Fontiñas e no CEIP Raíña Fabiola os días 21, 22, 23, 24,28, 29, 30 e 31 de decembro, e os días 4 e 5 de xaneiro.
EMPREGO
Marta Lois preséntalles aos sectores implicados as liñas estratéxicas do Plan de Emprego 2015-2020
A concelleira de Desenvolvemento Económico presidiu este xoves unha reunión da Mesa Polo Emprego, na que se presentou o documento estratéxico que servirá de base para a elaboración do Plan de Emprego 2015-2020. Marta Lois explicou que a primeira valoración do texto "foi positiva por todas as partes, sobre todo porque se elaborou partindo da implicación cidadá e no marco dun proceso participativo".
ACCIÓN CULTURAL
O novo de Agustí Villaronga, outras estreas e unha tradición: o maratón de Cineuropa
Baseada na novela do cubano Pedro Juan Gutiérrez, Villaronga suaviza a dureza do relato orixinal para mostrar en El Rey de La Habana a vida de Reinaldo, un pícaro adolescente fuxido dun correccional que debe sobrevivir na decadente cidade de La Habana. A actriz Yordanka Ariosa foi galardoada coa Cuncha de Prata en San Sebastián pola súa excelente interpretación de "jinetera". A cita con Reinaldo, El Rey de La Habana, será ás 16:00 h no Teatro Principal.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Nace o programa "Consumo Conxo | Conxo Consume" para impulsar o talento dos comerciantes e profesionais do barrio
Nos próximos 15 días, o barrio de Conxo inaugura o programa Mellorar o talento dos nosos barrios, desenvolvido pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo ao abeiro da iniciativa Compostela Móvese. Esta acción específica para o barrio denomínase "Consumo Conxo | Conxo Consume".
IGUALDADE
O Concello de Santiago reivindica o fin das violencias machistas
O Concello de Santiago amosou esta mañá na praza do Obradoiro a súa repulsa polas violencias machistas no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O alcalde da cidade, Martiño Noriega, deu lectura ás 11:25 da mañá dun manifesto redactado por todos os grupos políticos para reivindicar a fin dos feminicidios. Noriega estivo acompañado dos membros da Corporación, asociacións e veciños e veciñas da cidade que se achegaron á praza no momento da lectura do...
CONSORCIO
O Consorcio avanza os seus orzamentos para 2016, que incluirán unha partida de axudas para rehabilitar os elementos especiais de madeira e reixas na cidade histórica
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. No transcurso da xuntanza deuse un avance das cifras relativas aos orzamentos de 2016, que permitirán concretar as liñas presupostarias do vindeiro ano e que se aprobarán no próximo Consello de Administración, previsto para mediados de decembro.
INNOVACIÓN
O Foro de Diálogo Local reflexiona sobre a xestión enerxética das cidades intelixentes
A Aula Magna da Facultade de Matemática acolle mañá xoves o Foro de Diálogo Local. Smartcities e Enerxía, promovido polo Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC en colaboración con Energylab e o Concello de Santiago, en representación do cal participará o responsable da súa Área de Innovación, Fernando Suárez. A asistencia ao encontro é gratuíta previa inscrición.