DEPORTE
Santiago aspira a ser sede en 2018 do Campionato do Mundo Xuvenil de Xadrez
O concelleiro responsable de Deporte, Rafael Peña, acompañado doutros membros da Corporación, recibiu en Raxoi unha delegación da Federación Internacional de Xadrez.
MEDIO AMBIENTE
O CIAC acolle en xullo unha exposición sobre aves e unha charla sobre a avespa asiática
Este mes de xullo, no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), ademais das actividades habituais, haberá unha xornada sobre a situación da Vespa velutina en Galicia a cargo de Suso Asorey, da Asociación Galega de Apicultura. Unha exposición e un obradoiro sobre aves, unha actividade sobre consumo responsable e un novo roteiro completan o programa.
CONSORCIO
O Consorcio presenta os resultados da investigación sobre as humidades que afectan ao lousado da Capela do Cristo de Conxo
A elevada humidade no interior da Capela do Cristo da Igrexa de Santa María de Conxo, e en particular o escurecemento húmido que afecta á totalidade do lousado do chan, levou ao Consorcio de Santiago a encargar un estudo a un arquitecto experto neste eido. A finalidade é obter un diagnóstico e avaliación das lesións existentes, xunto cunha proposta de actuación para solucionar este problema.
POLÍTICAS SOCIAIS E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O 15 de xullo remata o prazo de presentación de solicitudes para as axudas a novas empresas de Compostela Móvese
A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentaron a segunda edición de Compostela Móvese, programa que recolle as múltiples actividades que desenvolve a Oficina de Promoción Económica municipal para impulsar un novo modelo económico para Santiago apoiándose nas principais fortalezas da cidade.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o convenio para o Womex 2016
A Xunta de Goberno deulle hoxe o visto ao convenio entre o Concello e a Consellería de Cultura para o financiamento do Womex 2016, a maior feira internacional de músicas do mundo que se celebrará en Santiago do 19 ao 23 de outubro. O acordo establece que a Consellería fará unha achega de 100.000 euros para o financiamento do festival, mentres que o Concello aportará 75.000 euros e a Deputación da Coruña 215.000.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal de Santiago dedica o concerto deste xoves á música galega
A Banda Municipal de Santiago ofrecerá a todo o seu público un dobre concerto esta semana: o tradicional do xoves en Praterías e outro o domingo nas festas de San Pedro de Busto.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago adxudica a renovación da cuberta e das fachadas sur e oeste da igrexa da Orde Terceira Franciscana
O Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a obra de renovación da cuberta e das fachadas sur e oeste da igrexa da Orde Terceira Franciscana. A empresa beneficiaria deste contrato é Rehabita, Gestión Integral de Rehabilitaciones y Restauración, S.L. O orzamento global da intervención ascenderá aos 100.000 euros.
COMERCIO
Proposta á Mesa de Comercio a celebración dunha mostra sobre o comercio da cidade
O Pazo de Raxoi acolleu unha nova xuntanza da Mesa de Comercio, onde están reunidos os principais axentes comerciais da cidade e están representados os partidos políticos con representación en Raxoi.
ALCALDÍA
Martiño Noriega asistiu á celebración dos 25 anos da Fundación 10 de Marzo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu no edificio Cersia á clausura do acto do XXV Aniversario da Fundación 10 de marzo, de Comisións Obreiras de Galicia.
ALCALDÍA E MEDIO RURAL
O alcalde explicoulle á directiva de Ferusa os proxectos previstos para o rural compostelán
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial, Rafael Peña, reuníronse coa nova directiva de Federación de Asociacións de Veciños do Rural de Santiago (Ferusa). En representación desta estiveron o presidente, Emilio Cao; o vicepresidente, Xosé Quintáns, e a secretaria, Cruz Vázquez.