EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Municipal de Música celebra este venres o seu tradicional Festival de Nadal no Teatro Principal
Este venres 21 de decembro, ás 19:00 horas, o Teatro Principal acollerá o Festival de Nadal 2018 da Escola Municipal de Música. Neste evento, as diferentes agrupacións do centro dan a coñecer todo o traballo desenvolvido nos primeiros meses do ano escolar. O concerto tamén servirá para render homenaxe ao recentemente falecido Xosé Manuel Rodríguez-Abella, xefe do Departamento de Educación e Cidadanía e persoa sen a que non se pode entender a historia recente da Escola Municipal de Música.
DEPORTE
Todo listo para despedir o ano cunha nova edición da San Silvestre compostelá
A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; do delegado da mesma en Santiago, Iván Sanmartín; do director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés, Pati Blanco, e da atleta Esther Pedrosa, deron hoxe os detalles da sexta edición da San Silvestre compostelá.
POLÍTICAS SOCIAIS
Gala Solidaria do Festiclown para recadar fondos e "levar a alegría e a risa a onde a humanidade se xoga o seu futuro"
O Teatro Principal volverá ser o escenario, o próximo día 27, da Gala Solidaria do Festiclown, organizada por Pallas@s en Rebeldía en colaboración co Concello de Santiago. Será un espectáculo cheo de humor, maxia, música e circo, co obxectivo de recadar fondos para facer posible unha nova edición do Festiclown Palestina.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Admitidas todas as solicitudes en regra para o Programa Municipal de Conciliación de Nadal
Rematado o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación de Nadal, a Concellaría de Educación e Cidadanía comunica que se admitiron todas as solicitudes acompañadas da documentación requirida. Unicamente se excluíron catro solicitudes por non presentar o xustificante de pago.
PLENO
Aprobados definitivamente tres estudos de detalle na ARI de Vite
O Pleno da Corporación aprobou hoxe, de forma definitiva, os estudos de detalle de tres dos ámbitos incluídos na Área de Rehabilitación Integral de Vite, o paso previo necesario para poder instalar ascensores nos edificios e acceder ás axudas de rehabilitación do Ministerio de Vivenda.
CONSORCIO
A RFG celebra este xoves o seu concerto de Nadal baixo a batuta do director catalán Francesc Prat
A Real Filharmonía de Galicia celebra, como cada ano por estas datas, o seu tradicional concerto de Nadal, con tres citas. A primeira será mañá xoves en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. O venres, a orquestra tocará no Auditorio de Ferrol, tamén ás 20:30 horas, en colaboración coa Sociedade Filharmónica Ferrolá. E o sábado a RFG desprazarase a Ourense, onde ofrecerá un concerto no Teatro Principal da cidade, a partir das 20:00 horas. A batuta destes tres concertos levaraa o director...
ALCALDÍA
A Festa do Apego regresa no Nadal ao Auditorio con música, teatro e obradoiros
O Auditorio de Galicia acollerá o próximo sábado, 22 de decembro, unha nova edición da Festa do Apego, con contos, música, xogos, e moitas propostas para que as nenas e nenos poidan gozar e socializar en galego. As actividades, especialmente pensadas para crianzas de 0 a 6 anos, desenvolveranse dende as 12:00 ata as 19:00 horas.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E MEDIO RURAL
Inaugurada en Amio a mostra "Anacos do rural de Compostela e A Coruña"
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e o edil de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, asistiron este mércores á presentación da edición multimedia de Galicia en la memoria, unha escolma de fondos fotográficos e cinematográficos de Galicia da Mediateca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación de entre os anos 1934 e 1989. Unha selección destas fotografías integra a exposición Anacos do rural de Compostela e A.../em>
ALCALDÍA
Compostela e outras oito cidades solicitan ao Ministerio de Transición Ecolóxica participar na reforma do bono social
Representantes de varias das principais cidades do Estado remitiron este martes unha misiva conxunta á ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, demandándolle cambios no bono social e a formalización dun espazo de traballo cos concellos para a reforma da devandita axuda, que é até a data a única relacionada coa pobreza enerxética.
MOBILIDADE
Mañá xoves entrará en funcionamento o estacionamento público da avenida de Ferrol
Mañá xoves empezará a funcionar o aparcadoiro público en superficie da avenida de Ferrol, baixo o réxime da ORA de longa duración. Aténdese así a demanda do tecido comercial do barrio, que requiría que se asegurara a rotación do estacionamento.