RELACIÓNS VECIÑAIS
Ábrese o prazo de solicitude de subvencións para as asociación veciñais
O Boletín Oficial da Provincia publica este luns, 12 de agosto, a convocatoria de subvencións ás asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2019, por un importe total de 100.000 euros. O prazo de admisión de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir deste martes 13 de agosto.
PLENO
A Corporación aproba un orzamento "técnico" para o exercicio 2019 de case 110 millóns de euros
O Pleno da Corporación aprobou inicialmente o orzamento do Concello para o ano 2019, que será de 109.876.024,97 euros. Sumadas as contas do Auditorio, Tussa e Incolsa, o orzamento consolidado alcanza os 113.229.022,02 euros. As contas municipais recibiron o voto favorable do grupo do Goberno e contaron coa abstención de PP e BNG e co voto negativo de Compostela Aberta.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo reitera o obxectivo de iniciar a obra da EDAR da Silvouta en 2022 para preservar os fondos europeos
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cualificou a semana que remata como "positiva" para o conxunto da cidadanía, tanto pola reunión que mantivo esta semana en Madrid co secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, en relación á futura EDAR da Silvouta, como pola aprobación en Pleno dos orzamentos técnicos para 2019.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato este mércores dun menor de 16 anos en Teruel, vítima da violencia machista.
DEPORTES E SEGURIDADE CIDADÁ
Máis de 130 pilotos participarán este venres e sábado na XXVII edición do Rally Botafumeiro
O venres 9 e o sábado 10 de agosto, a comarca de Santiago acolle a XXVII edición do Rally Botafumeiro, organizado pola Escudería Compostela. 134 pilotos daranse cita nesta proba, decisiva para o Campionato de Galicia de Rally, que contará cunha primeira etapa especial no ámbito de San Lázaro. A cerimonia de saída terá lugar no Campus Vida.
ALCALDÍA
Compromiso do Ministerio para a Transición Ecolóxica de realizar os trámites necesarios para o inicio das obras da EDAR da Silvouta a principios de 2022
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse hoxe en Madrid co secretario de Estado de Medio Ambiente en funcións, Hugo Morán. O compromiso do organismo, sinalou o rexedor, é realizar "todos os trámites necesarios para que as obras da EDAR da Silvouta poidan comezar a principios do 2022" e poder así aproveitar os fondos europeos concedidos nesta etapa.
ACCIÓN CULTURAL
"Y ahora qué?", da compañía Punto Cero, na Quintana
Chega a Compostela o espectáculo circense Y ahora qué?, da compañía Punto Cero, que levou o premio do público no Festival Artescena 2017. Será este xoves, ás 19:30 horas, na praza da Quintana. En caso de choiva, a actuación será no Teatro Principal. Entrada de balde e para todos os públicos.
XUNTA DE GOBERNO
Aberto o procedemento para a adquisición de dous novos vehículos lixeiros para os Bombeiros
A Xunta de Goberno Local celebrada este luns aprobou a apertura do procedemento para adquirir dous novos vehículos lixeiros para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento. Tamén no ámbito da Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá, acordouse a inclusión da praza de San Pedro na Zona 3 de estacionamento para residentes, no mesmo barrio de San Pedro.
ALCALDÍA
Concello e Ministerio de Turismo colaborarán na programación e promoción do Xacobeo 2021
Xosé Sánchez Bugallo recibiu esta mañá na Casa do Concello á Ministra de Industria, Comercio e Turismo en funcións, Reyes Maroto. Despois de asinar no Libro de Ouro da cidade, mantiveron un breve encontro no que o alcalde lle pediu unha implicación "máis directa do seu Ministerio na programación e na xestión do Xacobeo". A ministra explicou que están traballando co obxectivo de vertebrar un proxecto en torno ao Ano Santo, e que se están activando "algúns programas en común"...
ALCALDÍA
Recepción aos/ás participantes nos Cursos Universitarios Internacionais "Música en Compostela"
O alcalde en funcións, Sindo Guinarte, recibiu hoxe a 120 músicos/as procedentes de 11 países, que participan na edición número 62 dos Cursos Universitarios Internacionais "Música en Compostela". Estivo acompañado pola concelleira de Educación, Noa Díaz, e polos edís José Antonio Constenla, do PP; e Goretti Sanmartín e Navia Rivas, do BNG.