ACCIÓN CULTURAL
A Real Filharmonía de Galicia presenta a nova temporada 2019-2020 co lema "En movemento"
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá a nova temporada de abono 2019-2020 na súa sede, o Auditorio de Galicia, que celebra o seu 30 aniversario. Asistiron o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Xosé Sánchez Bugallo; a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel; a directora técnica da RFG, Sabela García Fonte; xunto ao director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
O Proxecto Youtubeir@s celebra este venres en Santiago o encontro 'Lista de reprodución ao vivo' entre a comunidade creadora dixital e o público
O Proxecto Youtubeir@s, organizado polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, O Grove, Moaña, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación de contidos na Rede na nosa lingua, celebra neste 2019 a súa terceira edición baixo o lema Conéctate á comunidade e multiplícate. Con esta máxima, o Proxecto Youtubeir@s busca...
EDUCACIÓN
Publicada a lista definitiva de admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2019-2020
Finalizado o periodo de reclamacións ás listas provisonais de admitidos, procede a publicación da listaxe definitiva de admitidos na Escola Municipal de Música de Santiago para o vindeiro curso 2019/20 e o proceso de matrícula, de acordo cos prazos e o procedemento aprobado pola Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 22 de marzo de 2019.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
As concellerías de Seguridade Cidadá e de Medio Ambiente preparan o dispositivo para o concerto de Alejandro Sanz
O concelleiro de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Gonzalo Muíños, e a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, presidiron a xuntanza de preparación do dispositivo que se porá en marcha desde o Concello por mor do concerto de Alejandro Sanz o vindeiro 6 de xullo no Monte do Gozo.
XUNTA DE GOBERNO
Aberto do 25 de xuño ao 22 de xullo o prazo para solicitar o servizo de comedor e madrugadores do curso 2019/2020
A Xunta de Goberno aprobou hoxe os prazos de solicitude de reserva de praza e matrícula nos servizos de comedor e madrugadores na rede de centros públicos de educación infantil e primaria do Concello de Santiago de Compostela para o curso 2019-2020. O trámite poderase realizar do 25 de xuño ao 22 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos.
ACCIÓN CULTURAL
Máis concertos, máis clases maxistrais e máis solistas na IX edición do Festival Peregrinos Musicais
O evento, que comeza este venres e que se desenvolverá, ademais de en Santiago, en Nigrán e Sanxenxo, foi presentado en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e directora do festival, Ilona Timchenko.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago apoia a investigación relacionada coa artrite que está realizando o IDIS
O Concello de Santiago de Compostela apoia a investigación relacionada coa artrite que está realizando o Grupo de Patoloxía Músculo-Esquelética do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago, o IDIS. Así llo transmitiu a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro, ao xefe deste grupo, Rodolfo Gómez Bahamonde, e á presidenta da Liga Reumatolóxica Galega, que integra a pacientes e familiares de afectados, Ana Vázquez.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música dedica o seu festival de fin de curso á canción galega
A Escola Municipal de Música celebrará seu festival de fin de curso 2018-2019 hoxe venres, ás 19:00 horas, no Auditorio de Galicia, baixo o título "50 anos da canción galega". Este festival enmárcase na liña de traballo iniciada o ano pasado con "A muller galega na música", na que a Escola érguese como centro vertebrador da recuperación e posta en valor do inmenso patrimonio musical feito en Galicia.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Máis de 300 cacharelas e sardiñadas animarán o San Xoán en Compostela
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, deu conta do operativo para atender as diferentes cacharelas e sardiñadas que se celebrarán na noite de San Xoán. En total, durante a fin de semana celebraranse 57 cacharelas e sardiñadas públicas e 252 privadas.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Entran en vigor os horarios de verán do servizo de transporte urbano
Este luns 24 de xuño entrarán en vigor os horarios de verán do servizo de transporte urbano, tal e como comunicou este venres o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado do xerente de TUSSA, José Ramón Mosquera.