FESTAS
Mañá abre o prazo para inscribirse no desfile-concurso do Entroido
O Concello premiará as mellores carrozas, comparsas, grupos, parellas e disfraces individuais, así como a mellor comparsa procedente das parroquias e barrios de Compostela que participen no desfile de Entroido do vindeiro 13 de febreiro. O prazo de inscrición ao concurso estará aberto desde mañá ata o luns 5 de febreiro.
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
Santiago incrementa a separación de residuos orgánicos co depósito dunha tonelada diaria no colector marrón e a de envases crece un 12% en 2023
O concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, destacou o incremento de recollida selectiva de envases lixeiros en 2023, cunha recollida media diaria de 6.448 kg que supón unha diferenza do 12% con respecto ao ano anterior, e tamén do depósito de materia orgánica ao alcanzar unha tonelada diaria no colector marrón.
CIDADES PATRIMONIO
O concelleiro Iago Lestegás participa no Congreso sobre ‘Accesibilidade nas Cidades Patrimonio da Humanidade’ en Tarragona
Tarragona acolle ao longo das xornadas de hoxe e mañá unha serie de sesións para abordar a accesibilidade nas Cidades Patrimonio. A inauguración do Congreso, que tivo lugar esta mañá, contou coa presenza de Iago Lestegás, concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica representando ao Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, do que o Concello de Santiago forma parte.