ACCIÓN CULTURAL
"De Lugares e Órganos" achega o patrimonio musical da cidade na súa quinta edición
Do 20 de agosto ao 1 de setembro celébrase en Compostela o festival de música De Lugares e Órganos, que este ano chega á súa quinta edición, converténdose nunha cita consolidada na cidade. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada da directora do ciclo, Belén Bermejo, presentou hoxe no Pazo de Raxoi esta cita cita musical ineludible, que pon en valor o patrimonio instrumental da cidade.
ALCALDÍA
Santiago únese á homenaxe a Isaac Díaz Pardo da cidade arxentina de Magdalena
O Concello de Santiago únese aos actos de conmemoración do centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo que a cidade arxentina de Magdalena celebrará o vindeiro 22 de agosto. O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, remitiu ao seu intendente, Gonzalo Peluso, e aos veciños e veciñas desta localidade un vídeo saudando esta iniciativa, que incluirá unha videoconferencia coa participación de representantes de Santiago de Compostela e de Magdalena.