IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este mércores en Villagonzalo Pedernales (Burgos).
EDUCACIÓN
Recepción a 120 rapaces e rapazas do campamento urbano do Centro Don Bosco
A concelleira de Educación e Mocidade, Noa Díaz, e outros integrantes da Corporación recibiron 120 nenos e nenas que participan no campamento urbano do Centro Xuvenil Don Bosco. O obxectivo destes campamentos, que este ano alcanzan a súa 33 edición, é xogar cos espazos de Compostela, coa cidade como elemento de goce e tempo libre dende un punto de vista didáctico.
FESTAS
Máis de 50.000 persoas asistiron aos concertos das festas do Apóstolo
Máis de 50.000 persoas asistiron "in situ" aos concertos programados durante as Festas do Apóstolo. Asegurouno o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, durante a valoración das celebracións, que remataron, dixo, "cun balance positivo".
DEPORTES
A Festa do Deporte congregará máis de 50 entidades da cidade e preto de 1.500 escolares os días 29 e 30 de setembro
Xa está en marcha a organización da terceira edición da Festa do Deporte, que se celebrará o domingo 29 e o luns 30 de setembro. O evento volverá ser un escaparate da rica oferta deportiva da cidade e un punto de encontro para todos/as os/as composteláns/ás que fan ou queren facer deporte.