IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este pasado sábado en Elche (Alacante).
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu a Manuel Muñoz, coronel xefe do Aeródromo Militar de Santiago de Compostela
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu a Manuel Muñoz Mompó, coronel xefe do Aeródromo Militar de Santiago.
PLENO
O Pleno dá o visto bo a suplementos de crédito por 7,5 millóns de euros para pagos pendentes e amortización de débeda
O Pleno do Concello de Santiago de Compostela aprobou en sesión extraordinaria dúas propostas de suplemento de crédito e crédito extraordinario presentadas pola concelleira delegada de Economía e Facenda, Marta Abal. Dunha banda, deuse o visto bo a un suplemento de crédito de 1.524.572,77 euros e a un crédito extraordinario de 287.541,51 euros para pagos pendentes e, da outra, a un suplemento de 5.708.776,90 euros destinado a pago de débeda bancaria.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobadas as bases da convocatoria de máis de 2,3 millóns de euros en axudas para actuacións nas ARI
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns as bases e a convocatoria de subvencións á rehabilitación no ámbito das catro áreas de rehabilitación integral (ARI) coas que conta a cidade: Casco Histórico, Vista Alegre, grupo de vivendas Compostela e Quiroga Palacios (Pontepedriña) e Vite. En total, son 2.310.000 euros que servirán para financiar 237 actuacións nestes ámbitos.
CONSORCIO
A Real Filharmonía ofrece un concerto gratuíto na igrexa de San Martiño Pinario
A igrexa de San Martiño Pinario será o escenario do vindeiro concerto da Real Filharmonía de Galicia. Será este venres, 19 de xullo, ás 21:00 horas. Esta iniciativa, que é gratuíta ata completar aforo, enmárcase no propósito da RFG de achegar a música clásica e a orquestra a diferentes puntos da cidade e a públicos diversos. A batuta levaraa o mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado da orquestra.
CONSORCIO
O Consorcio toma medidas para protexer as colonias de aves e quirópteros que habitan no tellado da igrexa de Santa María de Marrozos
O Consorcio de Santiago está a intervir na igrexa de Santa María de Marrozos, situada na parroquia homónima. As obras, que se centran nas cubertas e nas fachadas do inmoble, tiveron que pararse durante dúas semanas debido á presenza de especies protexidas que aniñan no seu tellado, co propósito de non afectar o seu ciclo natural.