XUNTA DE GOBERNO
Os colexios Monte dos Postes e Raíña Fabiola volverán acoller o Programa Municipal de Conciliación de Verán
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o prazo de inscrición no Programa Municipal de Conciliación Escolas de Verán 2019. A actividade desenvolverase nos CEIPs Monte dos Postes e Raíña Fabiola, dirixida ao alumnado de Educación Infantil e Primaria do Concello de Santiago. Como en edicións anteriores, haberá servizos de comedor e madrugadores.
PERSOAL
Convocadas unha praza de psicólogo/a e outra de educador/a familiar para Políticas Sociais
O BOP do pasado 19 de febreiro publicou as bases da convocatoria de dúas prazas para o Departamento de Políticas Sociais, unha de psicólogo/a e outra de educador/a familiar. As persoas interesadas en concorrer a estas prazas teñen vinte días, dende o día seguinte á publicación, para presentar a documentación.
CONSORCIO
A RFG ofrece mañá sábado un concerto para nenos/as e familias que servirá para apoiar á Asociación Galega contra o Maltrato a Menores
A Real Filharmonía de Galicia celebra este sábado, 23 de febreiro, un novo concerto dentro do proxecto RFG Solidaria, centrado na colaboración con varias ONGs galegas e da cidade que loitan por diferentes causas. Este concerto familiar estará dedicado a visibilizar o traballo que desenvolve AGAMME, a Asociación Galega contra o Maltrato a Menores.
ALCALDÍA
O alcalde reclámalle á ministra de Xustiza que "reconsidere a decisión de deixar a Santiago sen novo xulgado do Social"
O alcalde de Santiago vén de remitirlle hoxe unha carta á ministra de Xustiza, Dolores Delgado, para transmitirlle o seu malestar despois de que o Ministerio volvera denegar a creación en Santiago dun novo xulgado do Social. Na misiva, Martiño Noriega tamén reclama que se reconsidere e se revogue esa decisión.
ALCALDÍA
Crianzas e maiores homenaxean a Rosalía no seu lugar de nacemento
O monolito que conmemora a figura de Rosalía de Castro, na praza de Vigo, acolleu este mediodía un emotivo acto de homenaxe á escritora, organizado pola Asociación Veciñal Raigame en colaboración con Agadea.