POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Os Premios Manuel Beiras cumpren 20 anos e abren unha nova convocatoria
O Concello e a Cámara de Comercio convocan a XX edición dos Premios Manuel Beiras para recoñecer e poñer en valor as empresas que usan o galego na súa comunicación. Os galardóns entregaranse o 16 de decembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal, nun acto moi especial que estará cheo de lembranzas e sorpresas con motivo deste 20 aniversario.
ALCALDÍA
Recepción en Raxoi ás participantes no I Encontro do Proxecto "Euro-Fem"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu as participantes no Primeiro Encontro Internacional de Emprendemento Feminino do Proxecto Europeo Euro-Fem. No acto tamén participaron os voceiros de Compostela Aberta, Martiño Noriega, e do BNG, Goretti Sanmartín.
EDUCACIÓN
Amplíase o prazo da inscrición no Programa Municipal de Conciliación de Nadal ata o 12 de decembro
Ata o xoves 12 de decembro permanecerá aberta a inscrición e matrícula no Programa Municipal de Conciliación de Nadal. Desenvolverase os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2019 e o 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020 no CEIP Monte dos Postes e no CEIP Ramón Cabanillas.
ALCALDÍA
O alcalde aborda co presidente do Parlamento a coordinación da programación cultural en torno á figura de Ricardo Carvalho Calero
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, reuníronse este vernes co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, para coordinar a programación divulgativa das dúas institucións en relación á figura de Ricardo Carvalho Calero, a quen en 2020 se lle dedica o Día das Letras Galegas.
MEDIO RURAL
Continúa o operativo para reparar os danos causados polo temporal no rural
A Concellaría de Medio Rural mantén activo o operativo para reparar os danos causados polo temporal de vento e choiva nas parroquias do rural compostelán. Púxose en marcha onte xoves ás 14:00 horas e continúa activo debido á dispersión dos danos e ás dificultades que ofrecen moitos terreos pola chuvia caída.