MEDIO AMBIENTE E BENESTAR ANIMAL
O Concello instala paneis con información ambiental nas Brañas de Sar
O Concello vén de instalar uns novos paneis informativos nas Brañas de Sar, para poñer en valor a riqueza deste espazo natural. Os concelleiros de Medio Ambiente, Xan Duro, e de Benestar Animal, Noa Morales, presentaron hoxe a cartelería, na que se explica a historia das Brañas, os seus usos tradicionais e cal é a súa flora e a súa fauna características.
DEPORTE
O polideportivo das Fontiñas acolle a Copa Galicia de Baloncesto Adaptado
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou hoxe, acompañada da secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado, Susana García, as actividades que organiza o Concello co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se conmemora todos os 3 de decembro.
COMERCIO
Máis de 90 expositores ofrecen os seus produtos no Mercado de Nadal da Carreira do Conde
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, visitou hoxe o Mercado de Nadal da Carreira do Conde, que abriu as súas portas o pasado 1 de decembro para acoller, ata o 5 de xaneiro, a 90 expositores dos sectores da alimentación, decoración para estas datas, regalos singulares e artesanía.
CONSORCIO
Dúas publicacións coeditadas polo Consorcio, finalistas nos III Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia
Dúas publicacións coeditadas polo Consorcio de Santiago e Andavira Editora acaban de resultar finalistas nos III Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia. Premios Paraugas 2018. Trátase dunha iniciativa do Clúster da Comunicación Gráfica coa que se distinguen os traballos máis relevantes no marco da edición, a impresión, o deseño, a creatividade, o marketing, o marketing dixital e a comunicación.