PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio convoca un certame para elixir un cartel sobre protección medioambiental das 15 cidades da rede
O Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, a través da súa Comisión de Patrimonio, vén de convocar un concurso co fin de seleccionar un cartel sobre a necesidade de protección do medio ambiente nos centros históricos das 15 cidades que forman a rede: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.
POLÍTICAS SOCIAIS
O programa municipal de atención ás persoas sen teito realizou máis de 200 intervencións dende novembro a marzo
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e o concelleiro de Convivencia, Xan Duro, deron conta en rolda de prensa das actuacións levadas a cabo polo Concello de Santiago, en colaboración con Cruz Vermella e FEAFES, na atención ás persoas sen teito da cidade.
DEPORTE
Todo listo para a terceira edición da MediaSan do Camiño
O vindeiro domingo, 10 de abril, Compostela acollerá a III MediaSan do Camiño, que transcorrerá no último tramo do Camiño entre Arca- Pedrouzo (O Pino) e a praza do Obradoiro. A proba, cunha distancia de pouco máis de 21 quilómetros, comezará ás 10:00 horas.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Recepción ao alumnado do Colexio Misioneras de la Providencia (Salamanca) e do IES Eduardo Pondal (Santiago)
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado polo concelleiro de Educación, Manuel Dios, e outros membros da Corporación, recibiu os alumnos e alumnas de 3º da ESO do Colexio Misioneras de la Providencia, de Salamanca e do IES Eduardo Pondal, de Santiago.
ACCIÓN CULTURAL
A Concellaría de Acción Cultural pon en marcha as subvencións de apoio a actividades culturais para este 2016
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá as bases reguladoras da convocatoria aberta de subvencións a actividades culturais no 2016, tanto en metálico como en especie. O venres 15 de abril haberá unha xuntanza aberta a todas as persoas do sector que queiran aclarar calquera tipo de dúbida arredor desta convocatoria. Será ás 12:30 horas na Sala Circular do Auditorio de Galicia.
LINGUA
O programa Apego incorpora once novos concellos despois dun ano de andaina
O vindeiro sábado, o Centro Ágora da Coruña, acollerá o acto de adhesión de novos concellos ao programa Apego, de promoción e transmisión da lingua ás nenas e nenos. Á sinatura asistirá o alcalde compostelán, Martiño Noriega.
ACCIÓN CULTURAL
Juan Mayorga estará no Teatro Principal para presentar "Reikiavik" e conversar co público
O dramaturgo Juan Mayorga estará este venres en Compostela para presentar Reikiavik, a súa última obra de teatro que poderemos ver a partir das 20.30 h no Teatro Principal. Ao remate da mesma, Mayorga manterá un encontro co público. As entradas, teñen un prezo de 12 euros (6 para os grupos que teñen os descontos habituais) e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal de 18:00 a 21:00 horas, no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.