CONVIVENCIA
Comezan as accións prácticas do Programa de Educación Viaria da Policía Local
Esta mañá comezaron as actividades prácticas do Programa de Educación Viaria da Policía Local, que se prolongarán ata o 9 de maio. O módulo está dirixido a estudantes de 4º de Primaria dos colexios de Compostela, que aínda están a tempo de inscribirse para participar nesta acción formativa.
TURISMO
A primeira edición de Santiago Paixón Doce rematou cunha boa acollida do sector
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e os presidentes da Asociación Hostalería Compostela, Sara Santos e José Antonio Riveiro, valoraron os resultados de Santiago Paixón Doce, novo programa gastronómico que naceu coa idea de promocionar como atractivo turístico a tradición larpeira da cidade durante a pasada Semana Santa. Tanto o Concello como a Asociación fixeron unha valoración positiva da acollida da primeira edición do evento.
MEDIO AMBIENTE
Un concurso de modelado 3D fomenta a educación en valores ambientais
O Concello, en colaboración coa Universidade de Santiago e a empresa Ferrovial, vén de poñer en marcha o concurso COMPOS3D de modelado 3D a partir de fotografías, co obxectivo de fomentar a educación en valores medioambientais. O certame enmárcase nas actividades de celebración na cidade do Día Mundial do Medio Ambiente, e está dirixido a estudantes de entre 14 e 17 anos.
CONSORCIO
Aberto o prazo de inscrición no curso de Especialización Instrumental da Escola de Altos Estudos Musicais
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2016-2017. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.
ESPAZOS CIDADÁNS
En marcha a convocatoria de novas axudas para as áreas de rehabilitación de Vista Alegre, Pontepedriña e Cidade Histórica
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas ARIs de Vista Alegre, Cidade Histórica e os grupos de vivendas Compostela e Cardeal Quiroga Palacios, na Pontepedriña. Jorge Duarte tamén informou da convocatoria de subvencións do Programa de rexeneración e renovación urbanas da ARI dos Camiños de Santiago, que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou onte no Diario Oficial de Galicia.
DEPORTE
Recepción no Pazo de Raxoi á Selección de Guatemala de fútbol sala e a un grupo de adestradores e xogadores xaponeses
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a Selección de Guatemala de fútbol sala e unha delegación de adestradores e xogadores xaponeses.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Manuel Dios reúnese co xefe territorial de Educación para analizar as necesidades dos centros en materia de obras
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, reuniuse esta mañá co xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, para analizar centro a centro as necesidades prioritarias de obras para realizar unha actuación coordinada entre ambas as dúas institucións.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Presentada ao profesorado a XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura
A Galería Sargadelos acolleu unha xuntanza de presentación da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura ao profesorado, na que participaron 172 docentes dos centros escolares. Asistiu o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios.