ALCALDÍA E MEDIO AMBIENTE
A República Árabe Saharauí coñece o modelo compostelán de xestión do lixo e da auga
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recibiron unha delegación do Ministerio de Auga e Medio Ambiente da República Árabe Saharauí, encabezada polo seu titular, Brahim Mokhtar. O ministro asinou no Libro de Honra do Concello.
CONVIVENCIA
Comezan as mañás de inglés no Colecamiños do CEIP Raíña Fabiola
A Policía Local de Santiago está a dinamizar os Colecamiños dos CEIPs Pío XII e Raíña Fabiola a través de diversas actividades. Este mércores, na ruta morada de Galeras iniciouse neste centro English&Way, ás mañás en inglés con xogos sobre a educación viaria, nas que colabora o Centro Británico.
TURISMO
Santiago logra o mellor dato de pernoctacións no 1º trimestre dende o Ano Santo 2010
Os datos da enquisa de ocupación hoteleira do INE do primeiro trimestre amosan que a demanda turística de Santiago continúa coa súa recuperación. Nos primeiros tres meses do ano, os estabelecementos hoteleiros da cidade rexistraron 163.973 pernoctacións, que representan un aumento do 13,09% con respecto ao primeiro trimestre do ano pasado. É o mellor dato neste período dende o ano 2010, cando se celebrou o último Ano Santo.