ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL
Martiño Noriega reivindica a Compostela máis literaria na inauguración da Feira Internacional do Libro de Bos Aires
Compostela foi protagonista na inauguración da 42ª Feira Internacional do Libro de Bos Aires, que nesta edición ten á capital galega como cidade invitada de honra. O acto contou coa intervención do alcalde compostelán, que reivindicou que "Santiago é sinónimo de literatura e de libros". Xunto con Martiño Noriega, na inauguración da Feira participaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o vicexefe do Goberno de Bos Aires, Diego Santilli; o presidente da Fundación El Libro,...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba o prego de condicións para a concesión de dez postos da Nave 5 da Praza de Abastos
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o prego de cláusulas administrativas para a concesión de diversos postos da Nave 5 da Praza de Abastos, que serán destinados á exhibición ou venda de produto agroalimentario elaborado e semielaborado, para o seu consumo fora do mercado.
ESPAZOS CIDADÁNS E MOBILIDADE
O Goberno local dá un paso adiante para desbloquear o acordo da estación intermodal
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe dos acordos adoptados na reunión celebrada onte en Madrid, para avanzar no proxecto da estación intermodal. Jorge Duarte salientou que o Concello tivo que dar un paso adiante para desbloquear o acordo, e lograr a mellor infraestrutura para a cidade.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal súmase de novo á conmemoración do 400º aniversario da morte de Cervantes e Shakespeare
Despois do concerto especial ofrecido a finais de febreiro no Centro Sociocultural de Santa Marta, a Banda Municipal súmase cun segundo concerto á conmemoración do 400º aniversario da morte de Cervantes e Shakespeare. Será este domingo 24 de abril, ás 12:00 horas, no Teatro Principal.
ACCIÓN CULTURAL
Sol Picó presenta en Santiago "W.W. We Women", espectáculo finalista á mellor coreografía nos premios Max
A compañía Sol Picó presenta en Compostela W.W. We Women, dentro do programa Platea, do INAEM, Ministerio de Cultura. Será o luns que vén, 25 de abril, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia, cando poderemos ver este espectáculo que vén de ser nomeado finalista á mellor coreografía nos Premios Max das Artes Escénicas.
CONSORCIO
Concerto conxunto este sábado de alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais e de rapaces dos conservatorios galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha unha nova edición de A Escola na Cidade, un ciclo de concertos interpretados polos alumnos do centro. A vindeira cita terá lugar este sábado, 23 de abril, ás 21:00 horas, no auditorio da Escola. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.
IGUALDADE
Continúan os "Camiños da Auga" coa ruta polos lavadoiros de Santiago
Este domingo, 24 de abril, terá lugar a Ruta dos Lavadoiros, dentro do programa Compostela Territorio das Mulleres. Realizarase un paseo por varios destes lavadoiros de Compostela, falando sobre os usos que lles daban as mulleres. Como no caso do paseo das fontes, que tivo lugar o pasado 13 de marzo, estará guiado pola palabra de Encarna Otero.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Manuel Dios sumouse aos actos polo IV centenario da morte de Cervantes no CEIP Monte dos Postes e no IES Rosalía de Castro
Este venres, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participou na lectura compartida de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, nunha versión adaptada aos escolares, co gallo do IV centenario da morte de Miguel de Cervantes Saavedra. Esta actividade enmárcase nas actividades da Semana Cultural do CEIP Plurilingüe Monte dos Postes, dentro da cal se programaron actuacións musicais, obradoiros de graffitis e de papiros, encontro con escritores ou contacontos.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago remata as obras na igrexa da Peregrina, pola que entraba a auga da chuvia a través do campanario
O Consorcio de Santiago acaba de rematar as obras na igrexa da Peregrina, situada na parroquia homónima, a 6 quilómetros de Santiago, nun rueiro xunto á estrada que comunica a Ponte do Romaño co Val do Dubra. A intervención, centrada na limpeza e reparación da torre do campanario, era urxente debido á importante entrada de auga no campanario e no seu contorno. Os traballos tiveron un orzamento de 32.031,77 euros.
ESPAZOS CIDADÁNS
Avanza o proceso de revisión do Plan Especial da Cidade Histórica de Santiago
Xa está a disposición da cidadanía o primeiro dos documentos da revisión do Plan Especial da Cidade Histórica. Trátase da Memoria de Información Urbanística e Diagnose, que se pode consulta na web específica do Plan.