CONSORCIO
O pianista e director alemán Christian Zacharias dirixe este xoves a Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu concerto semanal de abono este xoves, 14 de abril, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. Levará a batuta o afamado pianista e director alemán Christian Zacharias.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Ábrese a inscrición para a viaxe a Cádiz do programa "Imos de excursión"
Dende as 17:00 horas deste xoves, 14 de abril, estará aberto o prazo de inscrición na cuarta das viaxes do programa Imos de excursión 2016. Os interesados poden así reservar praza para unha viaxe a Cádiz entre os días 5 e 8 de maio. A inscrición pode formalizarse presencialmente nos centros socioculturais. Na reserva de prazas, que son limitadas, teñen preferencia os empadroados en Santiago.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou onte unha vítima en Benidorm (Alicante).
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Escolares de nove centros amosarán as súas capacidades escénicas na XXI edición do Certame de Teatro Intercentros
O concelleiro de Educación, Manuel Dios, presentou o XXI Certame de Teatro Intercentros, que se celebrará os vindeiros 17 e 18 de abril e 9 de maio no Teatro Principal. Culminan así meses de ensaio nos grupos de teatro de diferentes centros de educación primaria e secundaria de Santiago e comarca.
ALCALDÍA, EMPREGO E MEDIO AMBIENTE
O obradoiro "Ecotur Xuvenil" finaliza o acondicionamento da zona das Brañas do Sar
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e os concelleiros de Desenvolvemento Económico e de Medio Ambiente, Marta Lois e Xan Duro, fixeron unha visita esta mañá ás Brañas do Sar, acompañados do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Comprobaron o traballo que 32 persoas, menores de 30 anos e desempregadas, fixeron dende o mes de setembro e ata o mes de marzo no acondicionamento das sendas peonís de Galeras a Ponte Albar (rota dos ríos de Brañas do Sar).
ACCIÓN CULTURAL
Las Migas presentan no Teatro Principal o seu son flamenco e de músicas mediterráneas
Catro mulleres: Alba, Marta, Alicia e Roser. Catro cidades do norte e do sur: Barcelona, Sevilla, Córdoba e Lleida. Catro visións distintas da música e unha mesma paixón: o flamenco. Las Migas comezan unha nova etapa, novo espectáculo, novo repertorio e moitas ganas de mirar cara diante. E preséntano en concerto no Teatro Principal este xoves, ás 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 12 euros (6 euros para os grupos cos descontos habituais) e poden mercarse no despacho de billetes do propio Teatro, no 902 434 443 ou en