TURISMO
O aeroporto de Santiago de Compostela medra un 23,2% no primeiro trimestre e roza o medio millón de pasaxeiros
A concelleira de Turismo, Marta Lois, reuniuse co director do aeroporto de Santiago, Ricardo López, para analizar a situación actual da infraestrutura e a súa previsible evolución a curto e medio prazo. Na xuntanza, o persoal técnico do aeroporto fixo unha presentación dos datos de pasaxeiros nos primeiros meses deste ano.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concello de Santiago renova o seu compromiso con Vacacións en Paz, programa de acollida de nenos e nenas saharauís
Xa está en marcha unha nova edición do programa Vacacións en Paz, de acollida de nenos e nenas saharauís. A Concellaría de Educación e Cidadanía colabora un ano máis con esta iniciativa, canalizada en Galicia pola ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) a solicitude da Delegación Saharauí para Galicia.
ALCALDÍA
Xuntanza do alcalde co presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse no Pazo de Raxoi co presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán.
MEDIO AMBIENTE
O Concello traballa na renovación de preto de 2.500 puntos de luz nos accesos á cidade
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta hoxe da solicitude dunha axuda do Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) para a mellora da iluminación dos accesos á cidade. O proxecto contemplaría a renovación a preto de 2.500 puntos de luz, e suporía un investimento de 1.465.194,18 euros.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago e a Consellería de Educación acordan unha solución para a falta de prazas no CEIP Lamas de Abade
O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación, Manuel Dios, mantiveron hoxe unha reunión co conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, para abordar o problema da falta de prazas no Colexio de Educación Infantil e Primaria Lamas de Abade. A xuntanza serviu para ratificar o traballo previo que viñeran realizando a Concellería e a Xefatura Territorial de Educación, co obxectivo de atender a demanda do contorno do Castiñeiriño, en continuo crecemento demográfico.
TURISMO
Os concellos de Área Santiago reúnense para comezar a traballar nun novo convenio
Responsables políticos dos 16 concellos do Grupo Área Santiago reuníronse esta mañá no edificio Cersia nunha xuntanza extraordinaria para facer un repaso do traballo feito ata o momento, das liñas que se desenvolverán neste ano 2016 e comezar xa a definir as liñas mestras do convenio que asinarán para continuar co traballo de promoción turística conxunta nos vindeiros anos.
ACCIÓN CULTURAL
La Cantera Exploraciones Teatrales presenta "Famélica", de Juan Mayorga, no Principal
Tras a representación de Reikiavik o pasado venres no Teatro Principal, e o coloquio cos actores e co director e autor, Juan Mayorga, este mércores temos unha nova obra súa: Famélica. Escrita por Mayorga en permanente diálogo co seu director, Jorge Sánchez, está interpretada por Mabel del Pozo, Juanma Díez, Xoel Fernández e Aníbal Soto. Conta coa colaboración de José Coronado (voz en off) e a asistencia de dirección de Marta Cuenca.
ACCIÓN CULTURAL
"[sic]", proxecto de Joan Morera, nova intervención da Zona "C"
Este mércores 13 de abril, inaugúrase ás 19:00 horas na Zona "C" (sic), de Joan Morera Arbones, comisariado por María Marco Covelo. No acto inaugural estarán presentes a concelleira de Acción Cultural Branca Novoneyra, a comisaria e o artista. Clausurada hai uns días a intervención de Neves Seara, a Zona "C" abre así, ata o 22 de maio, a segunda das intervencións resultado da convocatoria que dende a Concellaría de Acción Cultural se puxo en marcha co fin de que este equipamento se...