PLENO
O Pleno aprobou a participación de Compostela nun programa europeo para a loita contra a pobreza urbana
A Corporación municipal debateu este martes, nun pleno extraordinario, a participación de Compostela no programa europeo UrbanInnovativeActions (UIA), que se convoca neste 2016 por vez primeira. O Goberno local aspira a incorporarse á iniciativa cun proxecto que leva por nome GREEN4HOPE e que aborda a loita contra a pobreza urbana a través do desenvolvemento ecosocial. A adhesión saíu adiante cos votos favorables de Compostela Aberta, PSdeG-PSOE e BNG, coa abstención do PP.
ACCIÓN CULTURAL
Santiago de Compostela, cidade invitada na Feira Internacional do Libro de Bos Aires
Compostela é a cidade invitada na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, que celebrará do 21 de abril ao 9 de maio a súa cuadraxésimo segunda edición. Por este motivo, a Xunta de Galicia organizou un amplo programa de actividades, no que colabora o Concello de Santiago. Esta mañá, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentaron un avance da programación na Cidade da Cultura, nunha rolda de prensa á que...
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais visitan a Cociña Económica
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visitou esta mañá, acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, as instalacións da Cociña Económica, trasladadas dende hai uns meses ao Albergue de Xoán XXIII mentres duran as obras na sede orixinal da rúa Travesa.
ALCALDÍA
Martiño Noriega asiste en Fontiñas á entrega dos Premios Luís Tilve 2015
O alcalde, Martiño Noriega, participou este mediodía no acto de entrega dos Premios Luís Tilve 2015, no Centro Sociocultural das Fontiñas.
ACCIÓN CULTURAL
Esgotadas as entradas para os dous concertos de Ses no Teatro Principal
María Xosé Silvar, Ses, presenta o seu terceiro disco, Tronzar os valos, en dous concertos esta semana no Teatro Principal. Este último traballo chega despois dos tamén exitosos Admirando a condició e Co xenio destrozado. Os concertos serán mañá mércores e de novo o xoves, ambos ás 21:00 horas. As entradas para os dous concertos están esgotadas dende hai días.
CONVIVENCIA
O programa Colecamiños chega tamén ao colexio Raíña Fabiola
Despois de case medio ano funcionando con éxito no CEIP Pío XII, o programa Colecamiños chegou hoxe ao CEIP Raíña Fabiola. Fíxoo cunha única ruta, coincidente coa establecida dende Galeras para o Pío XII, e con oito nenos e nenas participantes, un número aceptable tendo en conta o mal tempo e o feito de estarmos á volta das vacacións de Semana Santa. Nas próxima semanas, a Policía Local continuará co traballo de difusión deste camiño escolar seguro, co obxectivo de que se...
CONSORCIO
Últimos días para visitar a exposición conmemorativa dos 20 anos da Real Filharmonía de Galicia na Casa do Cabido
Baixo o título Real Filharmonía de Galicia. 20 anos contigo, o Consorcio de Santiago, organismo que xestiona a RFG, promove unha exposición conmemorativa dos vinte anos de traxectoria da orquestra. A mostra repártese en dous espazos, a Casa do Cabido (na praza das Praterías) e o Auditorio de Galicia (sede da orquestra).